01/10/12

Xa estamos de volta!



Como dicíamos nos carteis que estes días chegaron ás aulas e os corredores, xa estamos de volta! Dende hoxe estamos ó voso dispor na biblioteca nos horarios de sempre:
  • Nos recreos de primaria, de 11.50 a 12.20, para préstamo, devolucións, consulta, etc. E este ano cunha nova organización: os luns hai préstamo para o 1º ciclo, os martes e xoves para o 2º ciclo e os mércores e venres para o 3º.
  • Nos recreos de secundaria, de 11.10 a 11.30, para préstamo, devolucións e consulta. A novidade deste curso, como xa sabedes, son os libros electrónicos, que podedes empezar a usar XA!
  • Polas tardes de 16.00 a 17.00 (excepto os martes, que descansamos) para devolucións e consulta na sala. Como vedes este ano non haberá préstamos polas tardes excepto para os vosos pais e nais, que si poden solicitar libros e outros materiais en préstamo de catro a cinco.
 Este curso hai algunha novidade no centro, coma o comedor, e tamén na biblioteca, que non para de medrar e cambiar. Este blogue intentará non menguar, como mínimo, e manterse ó mesmo ritmo que o curso pasado, cunha entrada diaria para tod@s e entradas máis espalladas para familias e profesorado. En todo caso, xa sabedes que a vosa axuda para conseguilo será ben recibida ;-)



 Deixámosvos unha chiste que fai Davila sobre a situación en moitas escolas neste curso. Non é o noso caso, pero... nunca se sabe!


Ningún comentario: