Amosando publicacións coa etiqueta relato b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta relato b>. Amosar todas as publicacións
23/03/19
15/11/16
Falamos de Camerún
Contounos cousas do seu país natal, Camerún. Aprendimos algo de África e das súas linguas e pobos. Amosounos obxectos artesáns do seu país... Pero o mellor foi que nos fixo participar a todos nos relatos que lembraba da tradición oral dos seus antepasados.
Contounos como, no seu pobo, todas as noites os nenos e nenas se xuntaban arredor dunha fogueira e como o avó, ao que respectaban moito, lles ensinaba a través dos contos a seren mellores persoas.
Contounos como, no seu pobo, todas as noites os nenos e nenas se xuntaban arredor dunha fogueira e como o avó, ao que respectaban moito, lles ensinaba a través dos contos a seren mellores persoas.
Agradecémoslle moito a súa colaboración e simpatía.
Quizais algún día poida voltar e contarnos outras historias.
Aquí o esperamos!
02/11/16
Benvidos á viaxe do terror!
Aquí tedes, un ano máis, o cartel que nos lembra que por estas datas, xa rematado o Samaín, temos que adicar un tempiño a facer debuxos ou historias de medo.
Xa sabedes que aqueles traballos que teñan máis orixinalidade e que estean ben presentados, van ter premio.
Animádevos a participar!
Xa sabedes que aqueles traballos que teñan máis orixinalidade e que estean ben presentados, van ter premio.
Animádevos a participar!
22/04/15
O reloxeiro - Microrrelato
O reloxeiro do meu pobo vivía na crenza soberbia de que o seu oficio impedía que o tempo se detivese.
Era tan necio o reloxeiro que pensaba que se non lles daba corda aos reloxios o sol se esquecería de saír, os homes alongarían o seu sono infindamente e todo se interrompería: a fame, o crecemento, o desenrolo, a morte...
O reloxeiro do meu pobo na súa ignorancia críase Deus.
Mª Teresa Otero Sande
Do libro Relatos (1990)
20/04/15
Inspiraciencia: concurso de relatos científicos
O CSIC en Cataluña acaba de convocar o quinto concurso de relatos de inspiración científica, Inspiraciencia. Hai dúas categorías (para menores de 18 anos e para adultos) e en ambas debe presentarse un relato curto cun máximo de 800 palabras escrito en calquera das linguas oficiais do estado (galego, catalán, éuscaro ou castelán). Pódense presentar ata 4 relatos por participante sempre e cando estean escritos en linguas distintas. As bases do concurso, neste enlace. Tedes de prazo ata o 17 de maio.
Os premios serán dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura e a subscrición a unha revista de divulgación.
Na web do concurso tes toda a información, así como os relatos gañadores das edicións anteriores e os relatos que participan este ano e en todas as edicións anteriores.
Para que vos fagades unha idea, este é o relato que gañou a categoría de relato xuvenil en galego en 2014:
CAMIÑO DE LEMBRANZAS
de Cristina Salgado Blanco
Sairá de novo da súa man. Coma sempre. Coma desde aquel día. Aprenderá a camiñar, pois onte esquecéuselle de novo. “Tes que ser forte”. O desafío de sempre. Ou quizais o de antes. Quen sabe. Mellor dito, quen o lembra? Por que el non. Pé dereito. Aférrase á man. Pé esquerdo. Por que? Deixa as preguntas para despois, tes que aprender a camiñar. Pé dereito. Téñenme que ensinar a camiñar. Pé esquerdo. Non quero aprender. Pé dereito. Só quero lembrar. De súpeto unha aperta.
- Moi ben avoíño, canto andamos hoxe! Voute convidar a un chocolate que vai moito frío. Vamos, uns pasiños máis.
Comezamos de novo. Que pé ía agora? Mentres dubida busca a resposta naqueles olliños meigos. Pé esquerdo. Por fin chegan ao café. É certo, hoxe andaron moito. Ou moi pouco. Non ten nada co que comparalo.
-Dous chocolatiños ben quentes, por favor.
-Deseguida.
Mira aquel lugar estrañado. É o café dos venres. Pero el non o sabe. Mellor dito, non o lembra.
-Mmmm, que ben ole… verdade?
- Ti quéresme máis agora ou antes?
-Xa sabes que eu te quero sempre, avoíño.
-E a mamá? Eu penso que antes me quería máis, agora mírame coma se estivese cansa de min…
-Non digas iso avó. Xa sabes que te queremos moito.
- Aínda que ás veces non vos recoñeza?
- Si, porque que non nos recoñezas non quere dicir que nos teñas esquecidos.
-Ensíname a tomar o chocolate e despois volvemos onda a señora que se parece a ti. Esa da que falamos hai un chisco.
-Mira, colles a taza por aquí e achégala á boca. Así. Moi ben.
Pé esquerdo da man do seu neto. Antes de poder botar o dereito de novo, un home traxeado reclama a súa atención:
-Bos días, poderíame responder unhas preguntas desta enquisa? Non tardará moito tempo, asegúrollo.
-Tenme que desculpar, pero precisamente tempo é o que me falta. Nun só día teño que aprender o que souben toda unha vida: camiñar, falar, bicar, estar cos meus… Cando todo sexa coma antes respondereille. Por que todo volverá a ser coma antes, non si?
- Non o dubides avoíño.
Dende aquel día durmía sempre acompañado. Ao espertar vía o seu neto á súa beira. Vía a única persoa que a súa memoria non lle roubara. E dicíase, coma sempre, ¿ou por primeira vez?, ”teño que ser forte por ti”. Estaba tardando demasiado en ir á cama. Ou iso lle parecía a el. Pode que estivese falando coa muller que o chama “papá”. Si, tiña que estar falando con ela, porque nunca deixaba tanto tempo só ao avó. Mañá aprenderá o nome desa muller. Unha muller que ten os seus mesmos ollos e o falar da avoíña. Na casa falan moito da avoíña. El quere coñecela, pero dinlle que non pode. Que xa non. Mentres pensa nos decoñecidos do pasado, o seu neto fala coa muller que ten os mesmos ollos que o avó. Hoxe descubriron que inxectando unha proteína, a Crtc1, nunha parte do cerebro, hipocampo ou algo así, se podería evitar a perda de memoria en persoas que teñen a mesma enfermidade que o seu avoíño, pero nun estado moito máis leve. E é que o seu avoíño está moi enfermo. El nótao e por iso o axuda. Porque o quere e porque non lle gusta a idea de que esqueza quen é. Polo de agora esta proba só deu bos resultados con ratos, pero el confía en que o seu avó se curará. Aínda que estea moi grave. E aínda que non sexa un ratiño. Aínda que iso ao que chaman Alzheimer viva no seu peito. El sabe que se curará porque unha enfermidade non pode roubarlle a vida a ninguén. Non, e menos aínda ao seu avó.
28/01/15
O estrano caso da obesidade crecente de Obdulio García
Obdulio
García era un caso único en Vilanova da Aldeavella. Era a única persoa
obesa que moraba alí. Mais iso non era o estraño do caso, a súa
obesidade, senón que estivese obeso cando só comía sementes de xirasol,
arroz cocido e algún amorodo cando era a época deles. E de beber, só
auga.
A
xente de Vilanova da Aldeavella, boa xente polo xeral, mais tamén ben
curioso, especulaba sobre as causas daquela inexplicábel gordura do
Obdulio García. Na súa familia non había antecedentes de mega-sobrepeso,
por tanto, ninguén se explicaba como aquel coitado podía ter unha
cintura tan enorme que se unha mosca de pequeno tamaño acertaba a pasar
arredor del, quedaba capturada pola forza da gravidade que xurdía do
corpo do Obdulio até se converter nunha especie de satélite arredor da
cintura do home, incapaz de escapar dela.
Todos
os veciños presentes na asemblea, excepto dona María dos Xuncos, que
estaba absorta na contemplación dunha bolboreta que lle pousara no nariz
e lle facía cóxegas, ficaron abraiados con aquelas palabras.
A
xente de Vilanova da Aldeavella, boa xente polo xeral, mais tamén ben
curioso, especulaba sobre as causas daquela inexplicábel gordura do
Obdulio García. Na súa familia non había antecedentes de mega-sobrepeso,
por tanto, ninguén se explicaba como aquel coitado podía ter unha
cintura tan enorme que se unha mosca de pequeno tamaño acertaba a pasar
arredor del, quedaba capturada pola forza da gravidade que xurdía do
corpo do Obdulio até se converter nunha especie de satélite arredor da
cintura do home, incapaz de escapar dela.
Así
as cousas, a obesidade do Obdulio aumentaba día tras día. Algúns
veciños comezaron a temer que o Obdulio ocupase el só media vila e o
resto dos habitantes houbesen conformarse con vivir todo na outra
metade, apeteirados.
Como
xa dixen antes, os habitantes de Vilanova da Aldeavella eran, polo
xeral, boa xente, e quixeron axudar o seu veciño o Obdulio. Convocaron
un concello aberto na Casa do Concello e discutiron sobre cal era a
causa daquela obesidade inexplicábel.
–
Debeu absorber algunha toxina cando pequeno –opinou dona Crisanta, a
farmacéutica–. Quedoulle no corpo e non a expulsou cando chegou o
momento.
–
Ao meu ver –opinaba dona Fina, a dona dunha tenda de fumeiros con
denominación de orixe–, a causa está en que non come xamón. Aínda que
digan que o xamón engorda, é falso. Ollen para min...
Era verdade, estaba feita unha sílfide.
–
Penso que vos enganades, queridos veciños –dixo o concelleiro da
oposición, don Leocadio de Todos os Santos–, o problema do noso veciño é
que non fai exercicio demais, móvese pouco e mal...
En
fin, había tantas opinións como veciños, ou se cadra máis, porque
algúns veciños tiñan máis dunha opinión, mais na asemblea só se podía
dar unha só causa da obesidade do Obdulio.
O derradeiro veciño ao que tocou falar, don Hexemonio, aínda dixo:
–
O problema do noso benquerido Obdulio é precisamente o seu nome.
“Obdulio” comeza con “ob-“ como “obeso”. Se se mudar o nome,
desaparecería o problema.
Nada que facer. Así era imposíbel atopar unha razón convincente. Entón o rexedor de Vilanova da Adeavella, dixo á asemblea:
– Preguntemos ao noso querido Obdulio o que é que el pensa.
–
Xa, mais teremos que saír ao campo, porque el non entra pola porta
principal da casa do concello –explicou o cabo Rodríguez da policía
local, máxima autoridade armada da localidade, que sempre vestía un
impecábel uniforme azul co escudo do concello.
O
cabo Rodríguez até se fixera tecer tres pixamas de algodón, todos tres
coa forma do seu uniforme de policía, que podería usar para saír na
metade da noite caso houbese calquera emerxencia, sen ter que perder o
tempo en vestir o seu uniforme de cabo da garda urbana, mais por sorte
para el, Vilanova da Aldeavella era un lugar moi tranquilo onde pola
noite só facían barullo os ratos e por veces dona Ramona, que a coitada
era somnámbula, mais sempre pola rúa Maior, a ver as vitrinas das catro
tendas que había en toda a vila, mais por sorte daquela estaban fechadas
e non podía gastar diñeiro nelas.
Todos
os veciños que participaron na asemblea foron á beira do río, que era o
lugar favorito do Obdulio García e onde se atopaba o parque municipal.
Alí, deitado na herba, os veciños fixeron unha corripa arredor del. O
alcalde, que por algo era a máxima autoridade municipal, explicoulle que
ninguén se puña de acordo sobre cal era a causa da súa obesidade
crecente.
El,
Obdulio, deitado na herba, comezou a pensar. O certo é que el mesmo non
se ocupara nunca diso. Si, decatábase de que a cada vez era máis gordo,
mais non parecía importarlle moito, sinceramente. E díxoo así,
precisamente:
–
Caros veciños, é verdade que a cada vez estou máis gordo, mais non me
importa moito, sinceramente. Son un tipo verdadeiramente intelixente,
son o tipo máis brillante de toda a provincia... que digo da provincia,
de todo o país. Deberiades estar orgullosos de que un xenio coma min
viva en Vilanova da Aldeavella.
Todos
os veciños presentes na asemblea, excepto dona María dos Xuncos, que
estaba absorta na contemplación dunha bolboreta que lle pousara no nariz
e lle facía cóxegas, ficaron abraiados con aquelas palabras.
Aí o líder da oposición municipal, non se sabe se por convencemento ou se por gañar en votos para as próximas eleccións, dixo:
–
Caro Obdulio, é tremendo iso que estás a dicir. Nosoutros, todos os
teus veciños, non facemos máis do que nos preocupar por ti...
E o Obdulio sorriu e retrucou:
– Non sexas mentireiro. O que pasa é que a vós cómevos a curiosidade... e a envexa.
Aquelas
palabras alporizaron os veciños, que axiña comezaron a murmurar. Mais
aquel ambiente hostil non pareceu incomodar o Obdulio, el estaba a gozar
da situación, con tanta xente a estar pendente del.
Nese
momento, de entre os veciños, dona Levidade achegouse até o Obdulio e
pinchouno cunha agulla de facer calceta. E o Obdulio, como cabe esperar,
tivo a única reacción normal: berrar.
– Aiiii! Señora, toleou ou que?
E
dona Levidade explicou que aínda quería comprobar se o problema do
Obdulio non era que estaba inchado de algo e que, se cadra, cunha
agulla, pinchando nel, desincharía, mais xa se viu que non.
E así as cousas, os veciños foron marchando do parque. Porén, a Ximena, unha meniña con pencas e trences, dixo aos veciños:
– Creo que sei por que o Obdulio non para de engordar!
Todos
ollaron abraiados para ela. Como unha neniña tan pequerrecha ía saber o
motivo da obesidade daquel ilustre veciño da vila? Ela non tiña
experiencia ningunha da vida como para entender desas cousas.
–
Contoumo a miña avoa –explicou a Ximena sorrindo–. Díxome que ela
coñeceu, nos seus anos mozos, xente coma o Obdulio e que os motivos para
a súa obesidade non son por mor de comer mal, senón por outras
cuestións... E eu sei como axudarlle!
Todos
os veciños presentes abraiaban. Como ían dar ouvidos a unha nena tan
miúda con aqueles trences? Porén, se o Obdulio continuaba a engordar,
acabaría ocupando toda a vila... Algo había que facer. Ao cabo, noutra
asemblea, os veciños aceptaron a proposta da Ximena, que consistía,
sinxelamente, nun concurso de preguntas e respostas, como os que pasaban
na televisión.
Non foi difícil convencer o Obdulio para participar nun concurso. Así que coñeceu a proposta, dixo:
– Si, si, gusto da idea. Vou demostrar a miña grande intelixencia e o os meu inmenso talento...
E axiña que dixo iso, engordou aínda un chisquiño.
Montaron
os sets do programa no parque, ao aberto. E o concursante que se ía
opor ao propio Obdulio non era outro senón a Ximena. Trouxeron un
presentador moi coñecido da televisión, Johnnie John, tamén coñecido
como John ao cadreado, o cal, a cada vez que sorría, xurdía un lampexo
de entre os dentes, mais non é porque lle brillasen, senón porque tiña
un pequeno dispositivo instalado enriba da enxiva que disparaba
automaticamente os lampexos.
Todos
os habitantes de Vilanova da Aldeavella congregaron arredor do parque
municipal, no set habilitado para o efecto. Todos, agás don Agamenón,
que confundía a claustrofobia coa agorafobia; o coitado del estaba
convencido que tiña pavor aos espazos abertos, cando na realidade o tiña
aos espazos fechados, polo tanto ía perder aquela magnífica ocasión de
ver como se rexistraba un programa da televisión na súa mesma vila. E
todo por non consultar no dicionario a doenza que sufría.
O
Johnnie John comezou largando un discurso sobre o bo presentador que el
era, o cal irritou moito o Obdulio, que non gustaba que outros se
gabasen diante del. Mais por sorte para o Obdulio, unha pomba que pasaba
por alí deixou caer un cagallón enriba do Johnnie John e houbo que
cortar o rexistro para lle limpar o ombreiro da chaqueta.
Unha
vez resolvido aquel penoso incidente, comezou xa o concurso de
preguntas e respostas sen máis prolegómenos. Para tentarmos resumir como
foi o concurso, imos limitarnos a reproducir algunhas das preguntas e
respostas.
JOHN: Primeira pregunta. De que cor é a melancolía?
JOHN: Incorrecto. Rebote
XIMENA: Da cor contraria aos soños.
JOHN: Correcto.
OBDULIO: E de que cor son os soños?
JOHN: Iso aquí non se pregunta. Segunda pregunta. Como farían para que os peóns camiñen pola beira e os autos pola calzada?
OBDULIO: Cunha boa lexislación e boas multas, é claro...
JOHN: Incorrecto. Rebote.
XIMENA: Pondo carteis que digan que a xente ten que camiñar pola calzada, mentres que as beiras quedan reservadas para os autos.
OBDULIO: E por que é correcta esa resposta?
XIMENA: Porque a xente gusta de facer o contrario do que lle din que faga.
(...)
JOHN: Décima e derradeira pregunta. O que teñen en común un gato siamés e unha galiña choca?
OBDULIO: En que ambos son domésticos?
JOHN: Incorrecto. Rebote.
XIMENA: En que o nome de ambos comeza con ga–
JOHN: Correcto! E a gañadora é...
Aí
soou un repique de tambor, mais era unha parvada, porque xa todos
sabían que a meniña gañara o concurso. Ela respondera ben as dez
preguntas, mentres que o Obdulio fallara con todas.
– A gañadora é... Ximena!
Toda
a vila aplaudiu entusiasta, toda excepto o Obdulio, que estaba vermello
de ira por o teren humillado. Ninguén reparou nel, mais marchou de alí,
marchou a unha fraga próxima onde quedou á sombra dunha secuoia, onde
non quixo ver xente. Porén, por alí pasaban veciños de cando en vez,
veciños que corrían, levaban o can a pasear ou montaban na bicicleta.
Todos, moi atentos, saudábano:
– Bo día, Obdulio.
– Bo día, Obdulio.
– Bo día, Obdulio.
Mais
o Obdulio só rosmaba. Nunca na súa vida o humillaran na súa vida, e iso
era o que tanto o incomodaba. El, o tipo máis brillante do mundo
mundial, vencido nun concurso de preguntas parvas por unha meniña con
trences...
E
entón, correu a voz pola vila: O Obdulio enmagrecera. Si, despois dunha
semana, o Obdulio estaba a cada vez máis magro. Testemuñábano todos os
veciños que pasaban pola fraga e se atopaban con el sentado sempre
embaixo da secuoia.
– Talvez enmagrecese porque deixase de comer –opiniou dona Crisanta.
– Non, miña amiga, foi porque só come piñóns –retrucou dona Fina.
– As secuoias non dan piñóns –comentou daquela a Ximena–. O verdadeiro motivo polo enmagreceu é outro.
E aí toda a vila quixo ouvir, toda a vila sen excepción:
–
Enmagreceu porque o seu ego estaba a se expandir no seu corpo. Críase o
tipo máis intelixente, o máis sabio, o máis curriño e máis mellor de
todos. Diso é do que me avisara a miña avoa: a vaidade só con modestia
sanda. Por iso inventei o do concurso, porque se alguén demostraba ao
Obdulio que non era nin o máis intelixente, nin o máis sabio nin o máis
mellor, o seu ego desincharía...
Aquelas
palabras foron moi ben acollidas polos veciños de Vilanova da
Aldeavella. Alguén até pensou que había que levantar unha estatua á
meniña, mais ela dixo que prefería que a convidasen a torta de amorodo
con chocolate, que lle ía quitar máis proveito.
E
así foi como o Obdulio deixou de estar obeso por causa da súa
egolatría, mais aos poucos volveu a engordar, mais daquela foi por causa
da súa afección sen medida ás lambetadas, que, segundo el, lle calmaban
a angustia de xa non ser o tipo máis intelixente, máis sabio, máis
curriño e máis mellor de toda a provincia... o de todo o país, mellor
non llo mencionardes.
Frantz Ferentz, 2014
Publicado en O reino dos contos
12/12/14
Gañadores do concurso de relatos de medo - Primaria
Os dous flamantes gañadores do concurso de relatos de medo nos dous niveis de primaria foron Noa, de 5º, e Ízan, de 2º. Noraboa ós dous! Uns relatos terroríficos!
05/12/14
Gañador do concurso de relatos de medo - ESO
No concurso de relatos de medo que fixemos co gallo do Samaín, houbo tres gañadores de distintas etapas educativas. Hoxe traemos o relato gañador da ESO: El bosque del terror, de Río Marbán (2º ESO A).
Noraboa, Río! Gran traballo!
Noraboa, Río! Gran traballo!
28/10/14
O punto
Vídeo con texto e imaxes do libro El punto de Peter H. Reynolds, con música de Yiruma (River flows in you)
22/10/14
26/02/14
Microrrelato: Arañas y mariposas, 8
"Era muy hermosa, pero solo le interesaban las flores. Harta de rechazar admiradores, se casó. Enviudó joven, y volvió a casarse. Cuando envejeció, casada por cuarta vez, descubrió que tenía arrugas y que ya no le molestaban los hombres. Entonces dejó de matarlos. El guano era, al fin y al cabo, mejor abono".Arañas y mariposas, 8, un relato de Espido Freire publicado en Antología del microrrelato español (1906-2011).
![]() |
| Fonte da imaxe: Bgreenproject |
03/12/13
O artista, con Sandra Cerezo
Cuento de Oscar Wilde El artista grabado en Radiópolis Sevilla en el programa de Tasca Ventura 98.4,F. Cuento adaptado y narrado por Sandra Cerezo con montaje fotográfico de la obra del escultor Lorenzo Quinn.
30/10/13
Echtra Nerai: unha lenda do Samaín
Samhain é como se di “novembro” en gaélico. Na antiga Irlanda, este tempo marcaba o final do verán e o inicio do inverno. A véspera do Samhain, pola noite, dicíase que os espíritos dos mortos volvían para atoparse cos vivos, o que moitos séculos despois daría lugar ao que hoxe coñecemos como Halloween. Nunha noite do Samhain está ambientada unha das lendas máis terroríficas da vella Irlanda: o “Echtra Nerai”.

Traducido do gaélico como “A aventura de Nera”, relata a historia do guerreiro do mesmo nome que viviu nos albores da nosa era, no reino de Connacht, a provincia occidental do Eire, cuxas costas miran ao Océano. A lenda sitúanos nunha noite do Samhain, cando o Rei Aillil e toda a súa corte celebraban unha festa no palacio de Rath Cruachan, na capital dos seus dominios.
Aillil quixo poñer a proba o valor dos seus, e ofreceu como premio a súa espada, unha arma moi valiosa coa empuñadura de ouro, ao guerreiro que fose capaz de colgar unha cinta de vimbio do nocello dun dos corpos dos dous cautivos aos que executaran o día anterior, e cuxos cadáveres aínda pendulaban nas súas forcas.
O sinistro reto do monarca e a noite terrorífica elexida para lanzalo fixeron efecto no corazón dos homes do reino. Sabían que na véspera do Samhain os espíritos dos mortos estaban ao axexo, e aterrados pola soa idea de atoparse con eles, ningún guerreiro ofreceuse para tal empresa. Só Nera, o máis valente, consiguiu reunir a coraxe suficiente e dar un paso ao fronte.

Vestida a súa armadura, Nera acudiu ao lugar onde pendían os corpos dos aforcados. No momento no
que Nera colocaba a cinta de vimbio no nocello dun dos mortos, viu que este se movía. Cunha voz sinistra e desgarrada, o cadáver eloxiou o valor do guerriero e, sumido na desesperación, pediulle auga para poder apagar a sede que lle quitara a vida e que lle abrasaba a gorxa máis alá da morte. Apiadado do sufrimento que padecía o aforcado, Nera cargou con el ás súas costas e foron buscar auga á casa máis cercana.
O guerreiro, ao achegarse a ese fogar, atopouno rodeado por un lago de lume. “Non hai bebida para nós nesa casa”, dixo o cautivo coa súa voz de ultratumba. “Vaiamos á casa que se divisa máis alá”. Obedecendo ao morto, Nera aproximouse á outra vivienda e atopouna rodeada dun estanque de auga. Incapaz de salvar o obstáculo, e seguindo unha nova recomendación do defunto, Nera cargou con el ata unha terceira casa na que non encontraron nada extraño.
Pálidos ante a espantosa compañía que depositaba o guerreiro no chan do seu fogar, a familia que vivía entre aquelas paredes deu de beber a Nera e ao aforcado. Bebidas este tres cuncas do líquido elemento, cupiu a última sobre as cabezas dos fogareños, provocándolles a morte. Sentindo repulsión por terlle feito un favor a aquel cruel e desalmado morto, Nera devolveuno á forca na que o encontrara e tomou o camiño de volta a Rath Cruachan, onde o estaría esperando a súa recompensa.

Cando por fin chegou á corte de Aillil, Nera encontrou o palacio en chamas e aos seus ocupantes decapitados. Ante a evidencia de que un exército enimigo atacara o reino, buscou pistas do acontecido e descubriu que os invasores eran as hostes do Sídh, o mítico reino das fadas de Irlanda. Seguiu o seu rastro ata a Cova de Cruachain, onde -segundo as lendas- están as portas que conducen ao mundo dos mortos. Alí Nera atopouse co rei dos Sídh coas súas mesnadas, e xunto a eles as cabezas cortadas das xentes do Rath Cruachan, cravadas en estacas.
Descubrindo os guerreros do Sídh que había un mortal entre eles, debido ao maior peso das súas pegadas, o rei daqueles ofreceulle respectar a súa vida e concederlle un fogar e unha esposa a cambio só de que Nera proporcionase ao Sídh un suministro diario de leña. Tendo morto os seus, e véndose só e desamparado, Nera aceptou o trato e viviu un tempo de forma plácida e pacífica.
Non pasara un ano dos terribles sucesos do Samhain que referín cando a esposa de Nera, movida polo amor a el, confesoulle que Cruachain estaba intacta, que o guerreiro fora enganado e só presenciara unha visión do que ocurriría na seguinte noite do Samhain se Nera non alertaba o seu rei e a súa xente, pois o rei do Sídh propoñíase arrasar de verdade o reino.

Nera decidiu entón regresar ao reino dos vivos, onde foi recibido con honores por Aillil, que lle outorgou o premio prometido: a súa propia espada gornecida en ouro. O guerreiro relatoulle aos seus o acontecido desde a fatídica noite do Samhain. Decididos a non deixarse vencer, os guerreiros
enviaron as súas mulleres e fillos a lugar seguro, fóra do Cruachan, e déronse présa en armarse. Reunidas as hostes de Connacht e as dos seus veciños do Ulster, liberaron unha batalla no Sídh, de onde se levaron tres preciados tesouros dese reino: a Coroa de Brión, o Manto de Lóegaire en Armagh, e a Camisa de Dúnlang en Kildare, cos que regresaron vitoriosos.
A sorte de Nera foi moi distinta á dos seus vellos compañeiros de armas. Regresou ao Sídh para encontrarse coa súa esposa, e alí permanecerá, segundo a lenda, ata o día da fin do mundo.
Fonte: La senda del bardo
Tradución ó galego: Chus Martínez
16/10/13
De premios
Por primeira vez, un autor en galego foi galardonado co Premio Nacional de Poesía: Manuel Álvarez Torneiro. Este premio é concedido polo Ministerio de Cultura entre toda a poesía publicada o ano pasado en calquera das linguas oficiais de España.
O libro premiado, Os ángulos da brasa, xa recibira o Premio da Crítica ó mellor poemario de 2012. Está publicado por Editorial K e o seu autor defíneo como "un libro da memoria".
Aquí tedes unhas páxinas para que vos fagades unha idea:
A escritora canadiense Alice Munro vén de recibir o Nobel de Literatura polo conxunto da súa obra, que está composta sobre todo de relatos.
Entre as súas obras máis recomendables están Las vidas de las mujeres (2011), Demasiada felicidad (2010) e Mi vida querida (2013).
Deste último libro é este fragmento do relato Noche, publicado pola Editorial Lumen:
Le o resto aquí."En mi juventud parecía no haber nunca un parto, o un apéndice reventado, o cualquier otro incidente drástico de salud que no ocurriera mientras arreciaba una tormenta de nieve. Las carreteras estarían cortadas, así que de todos modos no se podría pensar en sacar un coche, y habría que enganchar varios caballos para llegar al pueblo e ir al hospital. Por suerte aún había caballos: en circunstancias normales la gente se habría deshecho de ellos, pero con la guerra y el racionamiento de combustible las cosas habían cambiado, al menos por el momento.Por eso cuando me empezó el dolor en el costado tenían que ser las once de la noche, y soplaba una ventisca y, como en ese momento en nuestro establo no había caballos, tuvimos que pedir el tiro de los vecinos para llevarme al hospital. Un trayecto de apenas una milla y media, pero aun así una aventura. El médico estaba esperando, y nadie se sorprendió cuando se preparó para extirparme el apéndice".
08/03/13
La Cenicienta que no quería comer perdices - Pág. 99
La Cenicienta que no quería comer perdices é un conto, pero un conto para adultos e especialmente para adultas. Nel, Cenicienta rebélase coa axuda da fada Basta e vive a súa vida como quere vivila e, sobre todo, feliz. Este venres, Día Internacional da Muller Traballadora, en lugares de poñer un fragmento do libro imos poñer o libro enteiro... en vídeo, grazas á biblioteca do IES Poeta Díaz Castro. Aínda así, tédelo na biblio, así que podedes levalo para que o lean as vosas nais, tías, primas, irmás...
CAMEROS SIERRA, Myriam e LÓPEZ SALAMERO, Nunila. La Cenicienta que no quería comer perdices. Barcelona: Planeta, 2009. ISBN 978-84-08-08864-6.
Enlace á web do libro.
20/11/12
Gañadoras do concurso de relatos de medo!
Xa temos gañadoras do concurso de relatos! Unha vez máis, custounos elixir, o nivel foi alto e houbo varios relatos que nos sorprenderon pola súa calidade, pero só pode haber dous relatos gañadores...
As afortunadas teñen dúas entradas de cine cada un para ver O apóstolo (premio para secundaria) e Hotel Transilvania (para primaria), dúas películas de medo!
Noraboa a tódolos participantes! E non deixedes de escribir, porque sodes GRANDES!
Neste enlace da páxina de concursos, información sobre as dúas gañadoras. E neste enlace, o relato gañador da categoría de secundaria.
As afortunadas teñen dúas entradas de cine cada un para ver O apóstolo (premio para secundaria) e Hotel Transilvania (para primaria), dúas películas de medo!
Noraboa a tódolos participantes! E non deixedes de escribir, porque sodes GRANDES!
Neste enlace da páxina de concursos, información sobre as dúas gañadoras. E neste enlace, o relato gañador da categoría de secundaria.
15/11/12
Microrrelatos
Reportaxe de Tesis co gallo do XIX Congreso de Literatura Española Contemporánea da Universidade de Málaga.
O vídeo contén varios microrrelatos e entrevistas a diversos autores/as e editores.
O vídeo contén varios microrrelatos e entrevistas a diversos autores/as e editores.
30/10/12
Concurso de medo!
Achégase o Samaín, e con el o concurso de relatos de medo que facemos tódolos anos. Na biblioteca tedes unha exposición de libros e películas de medo, co lema "Medo por palabras", e neste enlace os datos do concurso.
Veña esa imaxinación! Animádevos, que só por participar levaredes unha terrorífica sorpresa ;-)
Fotografía atopada aquí.
13/02/12
¡Sí que te gusta leer!
Sí que te gusta leer (pero igual no lo sabes) es una web dirigida a tod@s l@s que os gusta leer, a l@s que no os gusta, y a l@s que dudáis. En ella nos cuentan una historia que es muy interactiva (o, dicho de otra manera, nos proponen un juego): cada poco vamos a tener que elegir cómo continúa la historia de entre las dos opciones que nos ofrecen (hemos probado todas las opciones... ¡y son muchas! No faltan vampiros ni amores adolescentes según el camino que vayamos tomando). Al final nos dirá qué tipo de libros nos van, y además podemos participar en el sorteo de un e-reader (libro electrónico) con dar tan solo nuestro nombre y un correo electrónico.
¿Váis a participar? ¡Osquelemos ya lo hemos hecho!
Cuando visitéis la página no dejéis de ver la sección de enlaces, que los hay muy buenos.
Sí que te gusta leer (pero igual no lo sabes) es una campaña de Bibliotecas Públicas, Plan de Fomento de la Lectura y la Secretaría de Estado de Cultura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























