30/10/13

Echtra Nerai: unha lenda do Samaín

 
Samhain é como se di “novembro” en gaélico. Na antiga Irlanda, este tempo marcaba o final do verán e o inicio do inverno. A véspera do Samhain, pola noite, dicíase que os espíritos dos mortos volvían para atoparse cos vivos, o que moitos séculos despois daría lugar ao que hoxe coñecemos como Halloween.  Nunha noite do Samhain está ambientada unha das lendas máis terroríficas da vella Irlanda: o “Echtra Nerai”.

Traducido do gaélico como “A aventura de Nera”, relata a historia do guerreiro do mesmo nome que viviu nos albores da nosa era, no reino de Connacht, a provincia occidental do Eire, cuxas costas miran ao Océano. A lenda sitúanos nunha noite do Samhain, cando o Rei Aillil e toda a súa corte celebraban unha festa no palacio de Rath Cruachan, na capital dos seus dominios.

Aillil quixo poñer a proba o valor dos seus, e ofreceu como premio a súa espada, unha arma moi valiosa coa empuñadura de ouro, ao guerreiro que fose capaz de colgar unha cinta de vimbio do nocello dun dos corpos dos dous cautivos aos que executaran o día anterior, e cuxos cadáveres aínda pendulaban nas súas forcas.

O sinistro reto do monarca e a noite terrorífica elexida para lanzalo fixeron efecto no corazón dos homes do reino. Sabían que na véspera do Samhain os espíritos dos mortos estaban ao axexo, e aterrados pola soa idea de atoparse con eles, ningún guerreiro ofreceuse para tal empresa. Só Nera, o máis valente, consiguiu reunir a coraxe suficiente e dar un paso ao fronte.

Vestida a súa armadura, Nera acudiu ao lugar onde pendían os corpos dos aforcados. No momento no
que Nera colocaba a cinta de vimbio no nocello dun dos mortos, viu que este se movía. Cunha voz sinistra e desgarrada, o cadáver eloxiou o valor do guerriero e, sumido na desesperación, pediulle auga para poder apagar a sede que lle quitara a vida e que lle abrasaba a gorxa máis alá da morte. Apiadado do sufrimento que padecía o aforcado, Nera cargou con el ás súas costas e foron buscar auga á casa máis cercana.

O guerreiro, ao achegarse a ese fogar, atopouno rodeado por un lago de lume. “Non hai bebida para nós nesa casa”, dixo o cautivo coa súa voz de ultratumba. “Vaiamos á casa que se divisa máis alá”. Obedecendo ao morto, Nera aproximouse á outra vivienda e atopouna rodeada dun estanque de auga. Incapaz de salvar o obstáculo, e seguindo unha nova recomendación do defunto, Nera cargou con el ata unha terceira casa na que non encontraron nada extraño.

Pálidos ante a espantosa compañía que depositaba o guerreiro no chan do seu fogar, a familia que vivía entre aquelas paredes deu de beber a Nera e ao aforcado. Bebidas este tres cuncas do líquido elemento, cupiu a última sobre as cabezas dos fogareños, provocándolles a morte. Sentindo repulsión por terlle feito un favor a aquel cruel e desalmado morto, Nera devolveuno á forca na que o encontrara e tomou o camiño de volta a Rath Cruachan, onde o estaría esperando a súa recompensa.

Cando por fin chegou á corte de Aillil, Nera encontrou o palacio en chamas e aos seus ocupantes decapitados. Ante a evidencia de que un exército enimigo atacara o reino, buscou pistas do acontecido e descubriu que os invasores eran as hostes do Sídh, o mítico reino das fadas de Irlanda. Seguiu o seu rastro ata a Cova de Cruachain, onde -segundo as lendas- están as portas que conducen ao mundo dos mortos. Alí Nera atopouse co rei dos Sídh coas súas mesnadas, e xunto a eles as cabezas cortadas das xentes do Rath Cruachan, cravadas en estacas.

Descubrindo os guerreros do Sídh que había un mortal entre eles, debido ao maior peso das súas pegadas, o rei daqueles ofreceulle respectar a súa vida e concederlle un fogar e unha esposa a cambio só de que Nera proporcionase ao Sídh un suministro diario de leña. Tendo morto os seus, e véndose só e desamparado, Nera aceptou o trato e viviu un tempo de forma plácida e pacífica.

Non pasara un ano dos terribles sucesos do Samhain que referín cando a esposa de Nera, movida polo amor a el, confesoulle que Cruachain estaba intacta, que o guerreiro fora enganado e só presenciara unha visión do que ocurriría na seguinte noite do Samhain se Nera non alertaba o seu rei e a súa xente, pois o rei do Sídh propoñíase arrasar de verdade o reino.

Nera decidiu entón regresar ao reino dos vivos, onde foi recibido con honores por Aillil, que lle outorgou o premio prometido: a súa propia espada gornecida en ouro. O guerreiro relatoulle aos seus o acontecido desde a fatídica noite do Samhain. Decididos a non deixarse vencer, os guerreiros
enviaron as súas mulleres e fillos a lugar seguro, fóra do Cruachan, e déronse présa en armarse. Reunidas as hostes de Connacht e as dos seus veciños do Ulster, liberaron unha batalla no Sídh, de onde se levaron tres preciados tesouros dese reino: a Coroa de Brión, o Manto de Lóegaire en Armagh, e a Camisa de Dúnlang en Kildare, cos que regresaron vitoriosos.

A sorte de Nera foi moi distinta á dos seus vellos compañeiros de armas. Regresou ao Sídh para encontrarse coa súa esposa, e alí permanecerá, segundo a lenda, ata o día da fin do mundo.


Tradución ó galego: Chus Martínez

1 comentario:

Anónimo dixo...

E que nós non somos irlandeses. Eu son galego e nin meus pais, avós nin algún bisavó que coñecín sedntiron falar xamáis do Samaín. Non se pode construir tradicións a forza.