10/10/13

Fotografía hadouken de artes marciais

"Hadouken" é o último grito en Xapón dende hai uns meses. Basicamente, consiste en facerse unha foto imitando un ataque cunha bola de enerxía invisible ou similar, como en Dragon Ball ou Street Fighter, de xeito que pareza que saímos voando co golpe. Os resultados son moi curiosos:

Copyright: Digital Rev. http://www.flickr.com/photos/digitalrev/
E o xeito de facelo é ben sinxelo: poñede a cámara en velocidade alta (se é manual) ou en "Deportes" (se é automática) para que non saiades movidos, e xa só queda saltar (coma se levitasedes) nalgunha posición rara mentras outra persoa finxe golpearnos de lonxe. Iso si, practicade ben o salto e sincronizade o momento en que apretades o disparador:



Se vos animades a seguir probando a vosa creatividade, sempre podedes facer fotografía "de levitación", para o que necesitades ser bos saltadores (aínda que hai quen bota man de Gimp, Photoshop ou algún outro programa de retoque fotográfico):

Coyright Natsumi Hayashi
Aquí tedes un vídeo que vos explica como facelo co método dos saltos:


Aquí, un titorial sobre como facelo, e a web de Natsumi Hayashi con moitos exemplos de saltos levitatorios moi ben feitos.


Se facedes fotos destas, queremos velas! Enviadelas a biblio.cpi.ribeira [aquí vai a arroba] gmail.com para que as vexamos todos!

Ningún comentario: