O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Enciclopedia das aves de España


A pasada fin de semana foi o Día Mundial das Aves. Se non fixechedes ningunha actividade especial para celebrar ese día, propoñemosvos que exploredes esta enciclopedia das aves de España en internet.

É unha marabilla de páxina na que podemos ver, escoitar e coñecer as aves que habitan ou pasan pola nosa terra, pero ademais nos propoñen itinerarios para observalas, aprender a protexelas, a fotografialas e debuxalas e unha chea de información sobre elas.

A única pega é que a enciclopedia precisa de Adobe Shockwave ou Quicktime instalados no ordenador.

Un consello: cando esteades vendo a ficha dunha ave, premede na frecha pequena que está ó carón da lupa:

Rodeada de bermello, frecha para abrir a ficha completa


Así veredes a ficha completa con sons, fotos e toda a información.


Ningún comentario: