03/10/13

Oink!



Se tes entre 6 e 16 anos, xa tes unha revista en galego para ti: Oink! A revista do Xabarín Club. Unha revista cheíña de boa banda deseñada (Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno e Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chinto) para falar de ciencia, actualidade, deportes, arte... dun xeito diferente e divertido. Das 56 páxinas coas que conta, 17 son de banda deseñada. O resto: pensatempos, reportaxes, concursos... e sorpresas e diversión garantizadas.

Pódela atopar cada mes no teu quiosco por 3€. A que vas por ela?

 
REVISTA OINK! from Revista OINK on Vimeo.



Portada do nº.0 da revista Oink! Copyright Miguelanxo Prado

Ningún comentario: