Amosando publicacións coa etiqueta Recital de poesía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recital de poesía b>. Amosar todas as publicacións
23/03/19
04/06/16
Festival letras galegas 2016
O festival das Letras Galegas deste ano tivo lugar en dúas sesións: unha celebrada o venres 27 de maio e dirixida ás familias dos nosos nenos e nenas e outra, o luns 30, na que o alumnado de Ed. Infantil, Primaria e ESO foi testemuña do traballo que toda a comunidade escolar levou a cabo para conseguir que esta celebración fose todo un éxito.
Conxugáronse dous grandes temas: por un lado, o proxecto de centro deste ano, “Olimpíadas”, que nos ocupou todo o curso e, por outra banda, a obra literaria de Manuel María, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2016.
Deste xeito fóronse intercalando poemas, algúns mesmo musicados, cancións, números visuais e luminosos e breves obras de teatro. Todas as actuacións estiveron cheas de encanto e bo humor.
Os peques de Infantil recitaron o poema “A vaca” de M. María. Ademais nos presentaron unha estupenda proxección preparada polas profesoras na que puidemos ver todas as labores que realizaron os cativos relacionadas coa gandería e o agro galegos.
Houbo tamén numerosas actuacións do alumnado de todos os niveis, que recitaron poesías, cantaron cancións e mesmo inventaron melodías. Ademais interpretaron diferentes pezas musicais e tocaron diversos instrumentos (frautas, xilófonos, triángulos, caixas, pandeiretas...) dirixidos polos profes de música África e Paco, que os acompañaron ao piano e ao violín, respectivamente. Tamén as profes Cristina Vispo e Inés amosáronnos a súa pericia co oboe e coas tarrañolas.
As obras de teatro “A Berenguela”, preparada por 6º de primaria e “O regato do Cepelo”, na que participou case toda a ESO, fixeron as ledicias de todos os asistentes.
É de destacar o traballo e a dedicación tanto do alumnado coma do profesorado que, co seu esforzo e interese, fixeron que todos pasaramos unha xornada moi agradable.
Nas fotos podedes ver algúns momentos do festival das Letras Galegas 2016.
19/05/15
María do Carme Kruckenberg
A pasada fin de semana faleceu en Vigo a poeta María do Carme Kruckenberg. Segundo a Wikipedia, María do Carme estudou pola súa conta, tras pecharse o Colegio Alemán de Vigo, idiomas, historia, ciencias, literatura etc., converténdose nunha autodidacta. Viviu en Arxentina de 1949 a 1953, onde coñeceu a moitos escritores galegos emigrados e arxentinos. De novo en Madrid, participou nas reunións do Café Gijón, coñecendo a Lorca, Alberti, Borges... Posteriormente, tras volver a Galicia, traballou como delegada científica nos Laboratorios Servier.
Autora de poemas, contos e tradutora, colaborou con diversas revistas e diarios, sobre todo en Faro de Vigo. Foi, entre outros premios, recoñecida co Premio Alecrín 1997, a Medalla de Galicia (bronce) en 1998, a Medalla Castelao en 2002 e o Premio Laxeiro en 2011. En 2006 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entidade da que foi vicepresidenta. En 1999 dedicóuselle unha praza en Vigo.
![]() |
| "Monumento Kruckenberg Vigo" por Albert galiza - Obra propia. Baixo a licenza CC BY-SA 3.0 a través de Wikimedia Commons |
Con esas poucas palabras da Wikipedia estamos a falar dunha muller que foi exemplo para moitas e para moitos, unha muller valiente e libre, cercana e sinxela, pouco amiga dos convencionalismos.
"Os poemas nacen e se constrúen dentro de min e podo estar compoñendo durante moito tempo antes de escribir un só verso; mais cando sento a escribir fágoo cunha sorte de febre que me posúe", explicaba ela nunha entrevista.
Deixámosvos un vídeo de Televigo no que ela recita a Martín Códax, Mendiño e Xohán de Cangas e as súas propias "respostas" a estes poemas con poemas seus:
16/06/14
Gallegos de lluvia y calma - Homenaxe a Miguel Hernández no CPI da Ribeira
No curso 2010-11, a profesora Mar Cuba púxose á fronte dun proxecto que involucrou a todo o centro e a varias persoas de fóra del: unha grande homenaxe a Miguel Hernández no centenario do seu nacemento.
Xa naquel momento pudimos todos ver unha parte do resultado daquel traballo, pero hoxe, por fin, presentamos o vídeo completo.
Tedes que saber que o equipo da biblioteca síntese moi orgulloso de todos os participantes e moi contento de volver ver e escoitar a algúns alumnos que xa marcharon do centro e que son xa parte da súa historia.
Moitas grazas, profe Mar, por ser capaz de mover montañas e conxurar ilusións.

01/04/14
Homenaxe a Rosalía 2014
No Día Mundial da Poesía, o 21 de marzo, o alumnado e profesorado do CPI da Ribeira fixemos unha homenaxe á autora Rosalía de Castro.
Os tres recitais (o da ESO, o do 2º e 3º ciclo de primaria, e o de infantil e 1º ciclo de primaria) incluiron unha entrevista á propia Rosalía, representada pola profe Chus.
Velaquí o vídeo do recital da ESO coa colaboración dalgunhas alumnas de primaria:
E aquí as fotos dos tres recitais que fixemos ese día, con tódolos protagonistas:

19/03/14
O venres, festival de Rosalía!
O próximo venres, día da poesía, imos facer unha homenaxe a Rosalía de Castro para todo o alumnado do centro. A propia Rosalía fará acto de presencia e aproveitaremos para entrevistala!
O menú do día para a ESO é o seguinte:
1. 9.30. Presentación do acto pola profesora Mar Cuba
2. Laura Dauzón, de 4º ESO, recita o poema "A Rosalía", de Manuel Curros Enríquez
3. Introdución a cargo de Andrea Romero (4º ESO)
4. Entrevista a Rosalía de Castro, con Isabel Diz e Gabriel Rey (4º ESO)
5. Lucía Samoelle (3º ESO) canta "Negra sombra", acompañada de Laura Conde (3º ESO) e os profes Paco Juncal e Inés Montenegro
6. Isabel, Celine, Íñigo, Judit, Zoe e Andrea Calvo (2º ESO) recitan "Adiós, ríos"
7. Despedida a cargo de Andrea Romero (4º ESO)
8. Sara (6º primaria) canta "Lela" acompañada polo profesor Paco Juncal
Vémonos na biblioteca!
13/05/13
Homenaxe a Rosalía (vídeo)
No Día do Libro (23 de abril) un grupo de alumnos e profes do noso centro fixo unha preciosa homenaxe a Rosalía en forma de recital poético acompañado de música en directo e fotografías e debuxos feitos polo alumnado.
Este foi o resultado:
Este foi o resultado:
30/04/13
Homenaxe a Rosalía
O Día do Libro fixémoslle unha homenaxe a Rosalía de Castro co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. En breve teremos preparado un vídeo, pero para ir facendo boca... aí van as fotos da homenaxe:
13/06/12
Con diez cañones por banda
...viento en popa, a toda vela,
no cruza el mar, sino vuela,
un velero bergantín.
Estes versos son da famosa "Canción del pirata", de José Espronceda, que o alumnado de apoio da ESO gravou o curso pasado con este resultado tan bó:
Moitas grazas á profe Cristina por ensinarlles o poema, por gravalos, e por compartir con nós a gravación!

A petición dalgúns dos que aparecen no vídeo, este foi eliminado de youtube. Podedes velo na biblioteca.
21/11/11
Que es mi barco mi tesoro
O venres a biblioteca encheuse de aprendices de pirata! Que horror! Unha morea de rapaces e rapazas de primaria apareceron alí convocados por un misterioso pirata que se puso a berrar e se subiu a unha mesa! E berraba cousas raras, que os rapaces repetían:
Que es mi barco mi tesoro,
que es mi Dios la libertad;
mi ley, la fuerza y el viento;
mi única patria, la mar.
O pirata levaba un cofre cheíño de doblóns de ouro, collares de perlas e libros. Libros! A saber onde roubou todo iso! As cousas máis valiosas do mundo en mans dese bucaneiro!
O que máis nos preocupa é que conseguiu que moitos dos rapaces (pero moitos, moitos) prometeran que a próxima semana van ser eles os que berren a estrana canción:
La luna en el mar riela,
en la lona gime el viento
y alza en blando movimiento
olas de plata y azul;
y ve el capitán pirata,
cantando alegre en la popa,
Asia a un lado, al otro Europa,
Y allá a su frente Estambul.
Xa o curso pasado un grupo de inocentes de 1º. ESO fixo algo parecido e acabaron gravados en vídeo e todo!
Deixámosvos unhas fotos do perigoso pirata e os seus aprendices para que os identifiquedes se por casualidade os atopades polos corredores ou (Deus non o queira!) na biblioteca:
O pirata levaba un cofre cheíño de doblóns de ouro, collares de perlas e libros. Libros! A saber onde roubou todo iso! As cousas máis valiosas do mundo en mans dese bucaneiro!
O que máis nos preocupa é que conseguiu que moitos dos rapaces (pero moitos, moitos) prometeran que a próxima semana van ser eles os que berren a estrana canción:
Xa o curso pasado un grupo de inocentes de 1º. ESO fixo algo parecido e acabaron gravados en vídeo e todo!
Deixámosvos unhas fotos do perigoso pirata e os seus aprendices para que os identifiquedes se por casualidade os atopades polos corredores ou (Deus non o queira!) na biblioteca:
06/05/11
18/04/11
13/04/11
Recital Miguel Hernández
Lembrádesvos da estrofa de onte? Esa que pertence ó poema que Miguel lle dedicou a Lorca . Aquí vai outra, esta vez recitada pola vosa compañeira Marta.
12/04/11
Recital Miguel Hernández
Aquí Susana nos recita unha estrofa do poema que Miguel Hernández dedicou a Federico García Lorca, despois de enterarse de que fora asasinado.
11/04/11
28/02/11
Recital poético Miguel Hernández
Conmemorando o centenario de Miguel Hernández , un dos nosos grandes poetas do século XX, alumnos e profesores estamos a elaborar un recital. Velaí vai unha pequena mostra: Tristes Armas. Graciñas a todos vós por formar parte deste proxecto.
05/11/10
Recital de poesía
Con motivo da celebración do centenario de Miguel Hernández, a Biblioteca convócavos os venres a todos e todas que queirades recitar algún poema do célebre poeta. Posteriormente farase unha proxección co recital, que lle amosaremos ó resto da comunidade educativa. Animádevos e acudide á Biblioteca o próximo venres.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)