Amosando publicacións coa etiqueta teatro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro b>. Amosar todas as publicacións
30/03/19
04/06/16
Festival letras galegas 2016
O festival das Letras Galegas deste ano tivo lugar en dúas sesións: unha celebrada o venres 27 de maio e dirixida ás familias dos nosos nenos e nenas e outra, o luns 30, na que o alumnado de Ed. Infantil, Primaria e ESO foi testemuña do traballo que toda a comunidade escolar levou a cabo para conseguir que esta celebración fose todo un éxito.
Conxugáronse dous grandes temas: por un lado, o proxecto de centro deste ano, “Olimpíadas”, que nos ocupou todo o curso e, por outra banda, a obra literaria de Manuel María, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2016.
Deste xeito fóronse intercalando poemas, algúns mesmo musicados, cancións, números visuais e luminosos e breves obras de teatro. Todas as actuacións estiveron cheas de encanto e bo humor.
Os peques de Infantil recitaron o poema “A vaca” de M. María. Ademais nos presentaron unha estupenda proxección preparada polas profesoras na que puidemos ver todas as labores que realizaron os cativos relacionadas coa gandería e o agro galegos.
Houbo tamén numerosas actuacións do alumnado de todos os niveis, que recitaron poesías, cantaron cancións e mesmo inventaron melodías. Ademais interpretaron diferentes pezas musicais e tocaron diversos instrumentos (frautas, xilófonos, triángulos, caixas, pandeiretas...) dirixidos polos profes de música África e Paco, que os acompañaron ao piano e ao violín, respectivamente. Tamén as profes Cristina Vispo e Inés amosáronnos a súa pericia co oboe e coas tarrañolas.
As obras de teatro “A Berenguela”, preparada por 6º de primaria e “O regato do Cepelo”, na que participou case toda a ESO, fixeron as ledicias de todos os asistentes.
É de destacar o traballo e a dedicación tanto do alumnado coma do profesorado que, co seu esforzo e interese, fixeron que todos pasaramos unha xornada moi agradable.
Nas fotos podedes ver algúns momentos do festival das Letras Galegas 2016.
24/03/16
Visita do escritor Núñez Singala
O pasado xoves 17 de marzo recibimos a visita do escritor Manuel Núñez Singala. Todos os alumnos da ESO escoitaron as experiencias vividas polo autor en relación coa realización das súas publicacións, en especial da súa obra de teatro "O achado do castro".
O autor lembrou a súa época de estudante na que principiou o seu amor polo teatro. Falounos de moitas das representacións que desta obra se realizaron en distintos lugares e con distintos recursos, pero sempre coa intención de chegar ao público na procura dun sorriso.
Núñez Singala interactuou cos nenos e nenas mesmo animándoos a representar unha pequena escena na que se amosaba a importancia dos signos de puntuación nos textos.
O escritor contestou a todas a preguntas que lle fixeron os alumnos e firmou, ao final do acto, exemplares dos seus libros.
Agradecémoslle a súa boa disposición e desinteresada colaboración!
08/11/13
Unha primavera para Aldara - Páx. 99
MOURE, Teresa. Unha primavera para Aldara. Vigo: Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-027-8.
Premio de teatro Rafael Dieste 2007. Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega a texto teatral 2008. Premio María Casares 2009.
Contracuberta:
Unha primavera para Aldara desenvólvese no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presenza masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa, decide poñer por diante a misericordia e acoller o forasteiro. Mais unha decisión coma esta no convento serve como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que culminará nunha traizón. En palabras da autora «os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a paixón, a ruptura co establecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade».
Premio de teatro Rafael Dieste 2007. Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega a texto teatral 2008. Premio María Casares 2009.
Contracuberta:
Unha primavera para Aldara desenvólvese no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presenza masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa, decide poñer por diante a misericordia e acoller o forasteiro. Mais unha decisión coma esta no convento serve como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que culminará nunha traizón. En palabras da autora «os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a paixón, a ruptura co establecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade».
"NUNO: (Rí) Sabedes, madre prioresa, por que amo a forza e a liberdade dos paxaros? Porque lles permiten ser libres e non escravos! Non hei de defender os falcóns. Só quería anunciarvos que chegará un día en que os pardais deixen de ser criaturas asustadas e se lancen a perseguir a quen os fustriga. Se cadra xa estamos nos albores dese día…
SANCHA: (Soñadora) Se cadra…!
XOANA: Os mozos serán señores…
SANCHA: E os pobres teremos as riquezas dos pazos.
XOANA: E os vestidos das condesas…
SANCHA: E bailaremos todas as noites…
XOANA: E durmiremos con quen nos pete e non co guerreiro do señor.
SANCHA: E erguerémonos tarde da cama…
XOANA: E só comeremos amorodos…
NUNO: Amorodos? Eu prefiro comer carne.
XOANA/SANCHA: Ha, ha! / Non estades afeito a ser falcón!
NUNO: Os auténticos pardais, que gañarán a revolta, son xentes coma vós.
SANCHA: Pois, cando gañemos, as cousas serán coma nós digamos.
XOANA: Aínda gozaba un pouco de mandar un escuadrón e poñer a todo o mundo a cociñar e esfregar!
SANCHA: (A Xoana, burlona) Teño de plantar un carballo en riba daquel tellado, cando o carballo dea uvas estarei ao teu mandado".
30/11/12
Culturgal
Volve a Pontevedra a gran feira da cultura. Dende hoxe ata o domingo, 200 propostas culturais para tódolos públicos, con música, teatro, literatura, cine, circo, maxia, novas tecnoloxías... no Pazo da Cultura.Nesta grande mostra gratuita (na que, de tódolos xeitos, podemos contribuir económicamente se queremos) vanse notar os recortes, pero só se nos fixamos nos detalles máis superficiais, según nos din. Teremos a Luis Tosar, Uxía, Pepe Carreiro (o creador dos Bolechas), a Mamá Cabra e María Fumaça, a Agustín Fernández Paz e Manuel Rivas, rock, folk, a curtametraxe de Fina Casalderrey... Tanto, tanto, que eu aínda non sei moi ben como apañarei para ver todo o que me interesa!
Na web de Culturgal podedes ver o programa completo de xeito interactivo (selecionando un só día ou un só tipo de público) e aquí podedes descargar o programa completo de actividades, charlas, concertos, obradoiros, exposicións, presentacións...
A disfrutar da cultura!
19/11/12
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






