24/03/16

Visita do escritor Núñez Singala

O pasado xoves 17 de marzo recibimos a visita do escritor Manuel Núñez Singala. Todos os alumnos da ESO escoitaron as experiencias vividas polo autor en relación coa realización das súas publicacións, en especial da súa obra de teatro "O achado do castro".
O autor lembrou a súa época de estudante na que principiou o seu amor polo teatro. Falounos de moitas das representacións que desta obra se realizaron en distintos lugares e con distintos recursos, pero sempre coa intención de chegar ao público na procura dun sorriso.
Núñez Singala interactuou cos nenos e nenas mesmo animándoos a representar unha pequena escena na que se amosaba a importancia dos signos de puntuación nos textos.
O escritor contestou a todas a preguntas que lle fixeron os alumnos e firmou, ao final do acto, exemplares dos seus libros.



 
 Agradecémoslle a súa boa disposición e desinteresada colaboración!



Ningún comentario: