07/03/16

Día Internacional da Muller - 8 de marzo


O Día Internacional da Muller é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades. (Ver "Historia do Día da Muller")


O tema de 2016 para o Día Internacional da Muller é "Por un Planeta 50-50  en 2030: Demos o paso para a igualdade de xénero."
A Organización das Nacións Unidas (ONU) reflexionará sobre como acelerar a Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible para promover a implantación efectiva dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Tamén vai centrarse en novos compromisos por parte dos gobernos no ámbito da iniciativa "Demos o paso" e outros compromisos existentes sobre a igualdade de xénero e os dereitos humanos das mulleres.

Algúns dos obxectivos clave da Axenda 2030:
  • Para 2030, velar por que todas as nenas e todos os nenos rematen os ciclos da ensinanza primaria e secundaria, que ha ser gratuíta, equitativa e de calidade e producir resultados escolares pertinentes e eficaces.
  • Para 2030, velar por que todas as nenas e todos os nenos teñan acceso a servicios de atención e desenvolvemento na primeira infancia e a unha ensinanza preescolar de calidade, a fin de que estean preparados para a ensinanza primaria
  • Poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo
  • Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas aa trata e a explotación sexual e outros tipos de explotación.
  • Eliminar todas as prácticas nocivas, como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a mutilación xenital feminina.
«Adiquemos unha financiación sólida, unha valente labor de promoción e unha férrea vontade política a alcanzar a igualdade de xénero en todo o mundo. Non hai ningunha outra maior inversión no noso futuro común.» — Ban Ki-moon, Secretario Xeral das Naciós Unidas



Ningún comentario: