19/03/14

O venres, festival de Rosalía!



O próximo venres, día da poesía, imos facer unha homenaxe a Rosalía de Castro para todo o alumnado do centro. A propia Rosalía fará acto de presencia e aproveitaremos para entrevistala!

O menú do día para a ESO é o seguinte:

1. 9.30. Presentación do acto pola profesora Mar Cuba
2. Laura Dauzón, de 4º ESO, recita o poema "A Rosalía", de Manuel Curros Enríquez
3. Introdución a cargo de Andrea Romero (4º ESO)
4. Entrevista a Rosalía de Castro, con Isabel Diz e Gabriel Rey (4º ESO)
5. Lucía Samoelle (3º ESO) canta "Negra sombra", acompañada de Laura Conde (3º ESO) e os profes Paco Juncal e Inés Montenegro
6. Isabel, Celine, Íñigo, Judit, Zoe e Andrea Calvo (2º ESO) recitan "Adiós, ríos"
7. Despedida a cargo de Andrea Romero (4º ESO)
8. Sara (6º primaria) canta "Lela" acompañada polo profesor Paco Juncal

Vémonos na biblioteca!


Ningún comentario: