O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Chegou o sol!



Din que estamos baixo a influencia dun anticiclón e de altas presións. Pero sabes que é iso?

A presión atmosférica é o peso dunha columna de aire sobre o lugar no que se observa. Esa presión, que se mide cun barómetro, non é estable e oscila entre os 885 hPA (para os ciclóns, depresións ou borrascas) e os 1077 hPA dos anticiclóns máis potentes. Nos anticiclóns, o aire ten moita densidade, as súas moléculas están moi apretadas, de aí que "pese" máis.

Nos ciclóns e borrascas, a presión diminúe hacia o centro e os ventos xiran no sentido contrario ás agullas do reloxio (no noso hemisferio; no hemisferio sur xiran ó revés). Nos anticiclóns, a presión aumenta no centro e os ventos xiran no sentido das agullas do reloxio.

Fonte: Wikipedia
E agora que xa sabemos un chisquiño máis sobre o anticiclón, a disfrutalo!

Ningún comentario: