O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Redes sociais de lectura

 A que a todos vos gusta comentar con alguén ese libro que vos encantou? Ou recomendarlle a todo o mundo que NON lea tal outro? Hoxe en día, ademais das redes sociais tradicionais, existen tamén un bó número de redes sociais de lectura. Nelas podemos compartir opinións, obter información sobre libros e deixar que nos recomenden lecturas interesantes que vaian cos nosos gustos.

Hoxe analizamos algunhas desas webs para que vos animedes a curiosear por elas. Pero non esquezades que en calquera rede social hai que ter moito coidado cos datos persoais que compartimos cos demais!


 
LECTURALIA  É un portal adicado á literatura. Nel podemos comprar, comentar, recomendar e ler críticas de libros. A páxina está chea de publicidade (e non só anuncian libros). Din ser independentes e non estar vinculados a ningunha editorial.



ENTRE LECTORES  é unha rede social de recomendación de libros. Podes buscar por categorías ou nos grupos de recomendación de libros. Ten bastante menos publicidade que Lecturalia e a páxina aparece menos cargada. Admiten que usan os nosos datos para enviarnos publicidade, e aparecen rexistrados como empresa no rexistro mercantil.






LIBROFILIA  Defínese como "rede social de recomendación literaria" e "unha grande base de datos social de libros". Moi similar a Entrelectores, pero especifica que é para maiores de 14 anos.






¿QUÉ LIBRO LEO?  Ademáis de críticas e recomendacións, ten un club de lectura virtual baseado no Facebook. Afirman non ter intereses comerciais nin estar vinculados a librerías ou editoriais.




Imaxe atopada aquí.


Ningún comentario: