A estas alturas do ano xa estamos de exames ata arriba, así que non sobran uns cantos consellos para evitar cometer os erros de sempre. Imos ver o que nos di a Fundación Punset ó respecto:
- Non estudies moito tempo seguido. Rendes moito máis se estudas dúas horas, por exemplo, e descansas outras dúas.
- Cambia de lugar de estudo. Podes ir a unha biblioteca, incluso a un bar ou ó coche. En primavera e verán, os parques son unha moi boa alternativa.
- Alterna materias: non adiques días enteiros ó mesmo tema para evitar obsesión.
- Practica deporte tódolos días. Especialmente realiza exercición aeróbicos, porque relaxan e fan que segregues hormonas como a serotonina que aumentarán a túa autoestima e benestar e, polo tanto, as túas ganas de estudar. Prodúcense máis a partires do minuto 15 aproximadamente.
- Grava en audio ou usa o aplicativo para ler textos do teu ordenador. Logo podes escoitalo nun mp3 ou no móbil.
- Pídelle a alguén que che pregunte a lección e imaxina que lla ensinas a outros. Se podes discutilo cun compañeiro de clase, aínda mellor.
- Mira documentais ou materiais audiovisuais relacionados co tema.
- Non deixes de facer cousas divertidas. Cando paralizas a túa vida para estudar, a motivación para facelo disminúe. Segue coa túa vida normal tanto como sexa posible.
Ademais destes consellos, os neurólogos saben dende fai tempo que precisamos do sono para aprender e integrar o estudado, polo que é mellor estudar pola tarde-noite e durmir antes dun exame, que levantarse cedo para estudar a última hora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario