08/05/13

Wall-E, a película da semana

DIRECCIÓN: Andrew Stanton
GUIÓN: Andrew Stanton, Jim Reardon
MÚSICA: Thomas Newman
REPARTO: animación
XÉNERO: Animación. Ciencia ficción. Romance | Robots.
ANO: 2008
PREMIOS: Óscar á mellor longametraxe de animación (2008), Globo de Oro á mellor película de animación (2008), BAFTA á mellor película de animación (2008).
CLASIFICACIÓN: todos públicos


Wall-E é a historia dun robotiño que leva centos de anos só no planeta Terra, totalmente deserto (estamos no ano 2700). A pesares diso el sigue a facer aquelo para o que foi construido: limpar o planeta empacando o lixo que atopa. Wall-E bota en falta o calor do contacto con outros seres e soña, vendo vellas películas, con coller a man da súa amada. Un bó día, un robot de exploración, EVE, aparece na Terra... e ata aí podemos ler.
Wall-E é unha película entrañable na que a historia avanza moito máis do que poderíamos pensar lendo o resumo anterior, e mesmo fai unha crítica da sociedade na que vivimos e á que nos diriximos (cantas veces non vichedes a persoas totalmente absortas nos seus teléfonos móbiles en lugares de prestar atención ós que están ó seu arredor e facer unha vida social normal?). O tema do medioambiente, por suposto, é un dos pés sobre os que se apoia a película.
En definitiva, é unha peli moi completa, entretida, tenra, con aventuras, con humor, con amor... na que o robotiño gañarase o noso corazón teñamos a idade que teñamos.

Páxina web oficial da película, con imaxes, vídeos, xogos...

Tráiler:


Ningún comentario: