23/01/13

Cadena de favores - A película da semana


Dirección: Mimi Leder
Guión: Leslie Dixon (Novela: Catherine Ryan Hyde)
Música: Thomas Newman
Reparto: Kevin Spacey, Helen Hunt, Haley Joel Osment, Jay Mohr, James Caviezel, Jon Bon Jovi, Angie Dickinson
Xénero: Drama
Ano: 2000
Clasificación: todos públicos


Cadena de favores é unha película entretida, unha comedia romántica con toques de drama que ten unha boa idea como fondo e como excusa: axudar ós demais para intentar cambiar un pouquiño o mundo que nos rodea. A idea ocórreselle a un rapaz de 7º (equivalente a 1º de ESO) que, para a clase de sociais, presenta este proxecto: facer favores grandes a 3 persoas, cousas que eles non poidan facer por eles mesmos, e que esas 3 persoas en lugares de devolverlle o favor axuden á súa vez a outras 3 persoas; dese modo faise unha cadea de favores que en pouco tempo pode afectar á vida de moitos. A directora aproveita esta idea para desenrolar unha historia de amor cos seus momentos de dúbida e de éxito. O final, por desgracia, peca de sensibleiro (tede os klinex a man!).

Na novela, o personaxe masculino principal é un home de cor; non sabemos por que a directora cambiouno por Kevin Spacey, pero a súa elección provocou certa polémica nos Estados Unidos.

Grazas a esta historia xurdiu un grupo de xente que puxo en marcha unha cadea de favores. Podedes atopalos nesta web, aínda que alí só nos informan de como contactar con eles. Neste artigo na prensa cóntannos máis cousas sobre o seu fundador e as cousas que teñen conseguido.







Ningún comentario: