14/01/13

Wildlife Photographer of the year 2012

"Relax", de Jasper Doest

Como cada ano, o centro social de Novacaixagalicia expón Fotógrafos da Natureza, as fotografías gañadoras e finalistas (90 en total) do concurso Wildlife Photographer of the Year de Veolia. Dado o éxito da exposición, permanecerá aberta ata o 20 de xaneiro en horario de 17.30 a 20.30 (sábado e domingo, tamén pola mañá).

Se ides, veredes que hai varios fotógrafos españois (coma o gañador absoluto).

Non volo perdades!

Podedes ver as fotos gañadoras na web da BBC e na web do concurso.

"Momento conxelado", de Paul Nicklen

"O ollo da bola de cebo", de Cristóbal Serrano

"Tartaruga xoia", de Jordi Chias
"Flamencos", de Klaus Nigge
 

Ningún comentario: