O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Dirección: Mike Newell
Guión: Lawrence Konner & Mark Rosenthal
Música: Rachel Portman
RepartoJulia Roberts, Kirsten Dunst, Julia Stiles, Marcia Gay Harden, Maggie Gyllenhaal, Dominic West
Xénero: Comedia. Drama | Colegios & Universidad
Ano: 2003
Clasificación: non recomendada a menores de 7 anos


 "Nun mundo que lles dicía como pensar, ela ensinaríalles a vivir". Iso di na carátula do DVD de La sonrisa de Mona Lisa, e iso ocorre na película. Estamos nos Estados Unidos nos anos 50. A profesora Katherine Watson (Julia Roberts) empeza a dar clase de historia da arte na prestixiosa universidade feminina Wellesley. Alí están as millores estudantes do país, as máis brillantes, pero aínda que Katherine pensa que "ía ser un lugar que formaría ós dirixentes do mañán", atópase coas que serán as esposas deses dirixentes: a inmensa maioría das estudantes non pensa buscar traballo, senón casar e formar unha familia, como mandan as convencións da época. Katherine, unha muller independente, de ideas abertas e defensora do papel da muller na sociedade, tenta cambiar a súa mentalidade e facer que pensen por elas mesmas.
A película serve para comprobar (e celebrar) canto ten cambiado unha boa parte da sociedade occidental, e canto lle falta por cambiar a outra.
Na semana na que celebramos o Día Internacional da Muller, non se nos ocorre mellor reflexión.




Imaxe atopada aquí.

Ningún comentario: