O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Dado que o 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, o cine deste mes vai estar centrado nas mulleres directoras. Os recreos dos venres, no televisor da entrada, proxectaremos os making of (ou "como se fixo") de:

 - Venres 1: Matrix (dir. Lana e Andrew Wachowski)
 - Venres 8: Brave (dir. Brenda Chapman e Mark Andrews)
 - Venres 15: Crepúsculo (dir. Catherine Hardwicke)
 - Venres 22: A dama de ferro (dir. Phyllida Lloyd) 



Por outra banda, continuamos querendo escoitar o que opinades na batalla de títulos. Este mes, Crepúsculo. Liches o libro e viches a peli? Cal prefires? Colga a túa opinión no taboleiro exterior da biblioteca e... pode que haxa algún regalo sorpresa ;-)


Ningún comentario: