O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Título orixinal: The impossible
Dirección: Juan Antonio Bayona
Guión: Sergio G. Sánchez
Música: Fernando Velázquez
Reparto: Naomi Watts, Ewan McGregor, Tom Holland, Geraldine Chaplin, Oaklee Pendergast, Samuel Joslin, Dominic Power, Sönke Möhring, Olivia Jackson,
Xénero:Drama | Basado en hechos reales. Catástrofes. Familia. Supervivencia
Ano: 2012
País: España
Clasificación: non recomendada a menores de 12 anos
Premios: 5 Premios Goya, incluindo mellor director.


Esta película está baseada na historia real dunha familia española que viviu o tsunami que arrasou o Sueste Asiático en 2004 causando a morte de centos de miles de persoas. É unha historia moi dramática que reflicte tan só unha pequena parte da dor provocada polo tsunami, pois non toca nin siquera lateralmente a influencia que tivo o desastre nas vidas dos autóctonos da zona. Tanto os efectos especiais coma a interpretación dos actores son moi bos e fan que gocemos co visionado. A pesares de saber como acaba a película porque a historia desta familia saiu en tódolos medios, hai que ter a man unha boa ración de panos de papel!


Tráiler:





Ningún comentario: