O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Amadriñamentos lectores

Cada ano por estas datas, co gallo do Día Mundial do Libro, a biblioteca organiza unhas xornadas nas que o alumnado maior "amadriña" ós máis pequenos para contarlles un conto.
Como sempre, comezamos coas exalumnas que están a estudar bacharelato, que amadriñaron ós rapaces e rapazas de 3 anos. Despois, o alumnado de 3º e 4º da ESO amadriñou ós de 5 anos. Para rematar, o alumnado de 1º e 3º ESO amadriñou ós de 4 anos.

Moitas grazas a todos por participar nesta actividade tan bonita e enriquecedora! Esperámosvos outra vez o próximo curso!

Ningún comentario: