22/04/13

Semana do libro



Esta semana e a vindeira teremos unha serie de actividades co gallo do Día do Libro:

 - apadriñamento lector: o luns 22 e o mércores 24, o alumnado de infantil será apadriñado polos maiores, que lles lerán un contiño

 - homenaxe a Rosalía: o Día do Libro, martes 23, o alumnado de tódolos niveis participará na homenaxe que lle facemos a Rosalía polo 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos

 - lecturas cruzadas: do 29 de abril ó 3 de maio, tódalas clases recibirán a visita doutro grupo que lles lerá algo

Ningún comentario: