12/04/13

Adeus a José Luis Sampedro


A biblioteca do CPI da Ribeira quere sumarse á homenaxe das bibliotecas escolares galegas a José Luis Sampedro, falecido o pasado día 8, un home ó que limos e escoitamos sempre con auténtico pracer e do que botaremos en falta esa voz que, ata o último momento, foi tan lúcida

Sampedro foi escritor e economista, pero foi ademais unha persoa sabia, humilde, cercana e comprometida co seu mundo, como queda claro nos seus escritos (por exemplo, o prólogo de Indignaos, e tantas das súas obras).

Déixanos dúas ducias de libros (dende a cautivadora e archifamosa La sonrisa etrusca ata a súa última, La inflación) e infinidade de artigos, conversacións e discursos, como este defendendo a gratuidade das bibliotecas.

Non deixedes de ler algo seu cando poidades, porque a ben seguro vos cautivará. Polo pronto, hoxe mesmo podedes ler algúns extractos do seu libro Escribir es vivir no noso blog.

Entrevista a J. L. Sampedro no programa Salvados en xaneiro de 2012, falando da crise e de cartos:




Nota publicada polas bibliotecas escolares galegas: 
 


Esta semana atopámonos cunha triste nova: José Luis Sampedro finou o pasado domingo. Unha figura querida e respectuosa, crítica e comprometida, que deixa un importante legado. Discreto ata no xeito de despedirse.
José Luis Sampedro: 
"...La crisis pasará, por supuesto, lo hará a costa del sufrimiento de todos nosotros, porque, con la mitad del dinero que se pretende inyectar para que un banco esté lleno, se podría evitar el recorte en la educación y la sanidad". 
"Hay dos clases de economistas; los que quieren hacer más ricos a los ricos y los que queremos hacer menos pobres a los pobres".
"Los recortes se aceptan por una de las fuerzas más importantes de la humanidad, el miedo" 
"El tiempo no es oro; el oro no vale nada. El tiempo es vida"
"Qué importa mi boca cerrada, ¡cuando piensas con el alma te oyen!" 
"Hay una cosa que me preocupa: hasta qué punto se están destruyendo valores básicos. No hablo ya de derechos humanos, sino de la justicia, la dignidad, la libertad, que son constitutivas de la civilización".



Visita a súa páxina oficial

Ningún comentario: