06/02/13

A lúa - A película da semana

Dirección e guión: Enrico Casarosa
Música: Michael Giacchino

Estudio: Pixar
Ano: 2011
Duración: 6:54
Clasificación: todos públicos





Soe compensar ver se os DVD traen algún extra interesante. Os de Pixar, por exemplo, soen incluir algunha curta como a que vos recomendamos hoxe: A lúa, que aparece no DVD de Brave.
Foi nominada ó Óscar á Mellor Curta de Animación (que finalmente gañou Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore), e a verdade é que a nominación foi merecida, porque é unha curta preciosa.

Non imos contar nada dela porque simplemente queremos que a vexades e a disfrutedes.





Ningún comentario: