O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

E se nos mata un meteorito?


O venres pasou cerca da Terra un asteroide que os científicos levaban seguindo xa unha boa tempada. Dixeron que non había ningún risco porque pasaría relativamente lonxe, pero por casualidade caeu outro meteorito (ou un pequeno asteroide), de 17m de diámetro, en Rusia ese mesmo día. As imaxes e os vídeos son espeluznantes: a forza da explosión foi como 31 bombas atómicas (uns 500 quilotóns), destruiu as ventanas de 100.000 vivendas e hai uns 1.000 feridos, aínda que afortunadamente só un está grave.


O máis probable é que ningún de nós morra pola caída dun meteorito: as probabilidades son de 1 entre 40.000. Parecen poucas, a que si? O certo é que as probabilidades de que nos toque o bote do Euromillón desta semana son de 1 entre 116.531.800... e xogamos! (1)
Pois xa sabedes: é máis probable morrer polo impacto dun meteorito que gañar o bote do Euromillón!

Recomendámosvos que leades este interesante artigo titulado ¿Qué pasaría si un asteroide impactara contra la Tierra? de Ojocientifico.com

(1) Fonte: El País

Ningún comentario: