06/06/12

Rematamos o clube de lectura!

Coa excursión ás Illas Cíes este luns, rematou oficialmente o noso primeiro clube de lectura. Todos os interesados/as din que foi unha experiencia máis que boa e que hai que volver repetila!

Para os despistados, resumiremos en que consistiu este clube de lectura: un grupo de alumnos e alumnos de 6º e 1º e 2º da ESO foron lendo o libro A chave da Atlántida, de Anxo Fariña, e xuntáronse cada dous martes para falar do libro á hora de comer; as semanas que non había reunión, tiñan "reunión virtual" en edmodo.com. Nestas reunións non só se falaba, claro: damos fe de que a comida e, sobre todo, as sobremesas foron de primeira calidade! Para rematar, foron todos xuntos de excursión ás Illas Cíes (e non imos dicir por que, para non fastidiarlle o libro ós que non o leron).
En resumo, 12 semanas de lectura compartida e entretemento que todos queren repetir!

Deixámosvos un par de fotiños das reunións e a invitación para que o voso ano tamén vos unades.




Ningún comentario: