07/06/12

Que libro memorizarías para que non desaparecese?

Onte mércores morreu Ray Bradbury, autor da inesquecible novela Fahrenheit 451 e doutras como Crónicas marcianas. Bradbury foi un grande defensor dos libros en papel, como vemos neste vídeo e como se aprecia en moitos dos seus relatos.

En Fahrenheit 451, Bradbury preséntanos un estrano mundo no que os bombeiros teñen a misión de queimar os libros por orde do goberno; ler, para eles, impídenos ser felices, pois énchenos de anguria e fainos querer ser diferentes. O libro é unha crítica á censura que había nos EEUU nos anos cincuenta e ás queimas de libros na Alemaña nazi. O título fai referencia á temperatura a que arde o papel.

Cara ó final do libro, o protagonista atópase cos chamados homes-libro: académicos que viven agochados nos bosques e que teñen memorizado un libro para poder transmitilos de xeito oral e volver imprimilos cando haxa liberdade. 

O título desta entrada é unha das preguntas que vos facemos:  

Que libro memorizarías para evitar que desaparecese?   
Que libro salvarías da queima?


No prólogo do recente cómic de Fahrenheit 451, o propio Ray Bradbury dicía:
"Me gustaría que todo aquel o aquella que lea esta introducción se tome un tiempo para escoger el libro que más le gustaría memorizar y proteger de cualquier censor o 'bombero'. Y no sólo escogerlo, sino dar las razones de por qué querría memorizarlo y de cuál es el valor por el que debería recitarse y recordarse en el futuro".

E neste enlace tedes as respostas de moitos lectores a esa mesma pregunta.

Esperamos os vosos comentarios (se os exames déixanvos tempo!).

1 comentario:

Anónimo dixo...

É difícil elixir só un...
Penso que se tivese que salvar un só libro, sería un de Shakespeare, e probablemente "Macbeth". Nesa obra, Shakespeare dinos moito sobre a condición humana, e ademais tráeme moitos recordos da carreira :-)

Inés