05/11/13

Wildlife photographer of the year 2013

Un ano máis temos o pracer de amosarvos algunhas das fotos gañadoras do prestixioso concurso Wildlife Photographer of the Year 2013
Coma sempre, esperamos poder ver tamén a exposición en Vigo no mes de decembro. Se antes ides a Londres... ide vela!

O fotógrafo sudafricano Greg du Toit gañou o concurso coa súa imaxe Essence of elephants (Esencia de elefantes), un impresionante retrato de catro elefantes na reserva natural Northen Tuli Game de Botsuana (sur de África). Tomou esta fotografía dende un contenedor de carga situado a un metro dos animais nunha charca. "Escollin elefantes porque sinto unha enerxía moi especial cando estou preto deles", dixo á BBC Du Toit, que afirmou que os elefantes "son animais moi grandes e pouco carismáticos para ser fotografados".
Levaba 10 años buscando esta fotografía e utilizou un grande angular e unha velocidade de disparo lenta para crear unha atmósfera fantasmal e de movemento.



Na categoría infantil, o gañador foi Udayan Rao Pawar (14 anos) con esta foto de crías de crocodilo sobre a súa nai no río Chambal de Madhya Pradesh (India):


A concurso presentaronse máis de 43 000 fotografías de 96 países. Estas son as gañadoras dalgunhas das outras 18 categorías do concurso:











Gañadores, accésits e recomendados de tódalas categorías, neste enlace.

Ningún comentario: