O blog da biblioteca do CPI da Ribeira



Definitivamente, as letras galegas están de noraboa. Se a semana pasada anunciábamos que o Premio Nacional de Poesía fora para un poeta galego e hai uns días nos enteramos de que o Premio Nacional de Narrativa foi para o escritor coruñés José María Merino, hoxe completamos o trío de grandes premios estatais: Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) acaba de recibir o Premio Nacional de Cómic pola súa obra Ardalén, que xa comentamos e recomendamos noutras ocasións.
O xurado destacou a maestría técnica no uso da color e o carácter poético da obra.

A nosa noraboa para Miguelanxo Prado! E non vos esquezades de que tedes Ardalén na biblioteca!


Aquí tedes unha entrevista co autor.

Ningún comentario: