Xa sabedes que este ano o día das Letras Galegas estará adicado ao poeta Manuel María, autor dunha extensa obra e persoa comprometida coa nosa lingua.
Non esquezades que premendo na foto de Manuel María (na cabeceira do
blog) podedes coñecer máis a fondo a vida e obra deste escritor dende a
Casa Museo Manuel María.
Curiosamente o 2016 é tamén o ano do cuarto centenario do pasamento de dous dos xenios máis grandes das letras universais, Miguel de Cervantes e William Shakespeare, que morreron o 23 de abril de 1616. Na súa honra, o 23 de abril de cada ano celébrase o "Día Internacional do Libro". |
Ningún comentario:
Publicar un comentario