24/11/16

25 de novembro: Día internacional contra a violencia de xénero


Como previr a violencia de xénero

 

Educar aos nenos e nenas, desde as idades máis temperás, nunha cultura centrada na resolución pacífica de conflitos, fomentar a empatía e desenvolver unha autoestima equilibrada, son principios que favorecen a desaparición dos prexuízos de xénero que se dan xa desde a escola.

Eliminar ao máximo os estereotipos transmitidos pola cultura patriarcal; polo tanto, ensinar a ‘ser persoa’ en lugar de ensinar a "ser home" ou a "ser muller" e así desterrar mitos como que a agresividade é un trazo masculino, ou pola contra,  a submisión, o silencio, a obediencia… son trazos femininos, son obxectivos da coeducación.

 

 

Ademais, débese:

  • Evitar todo menosprezo cara aqueles rapaces ou homes que non se adaptan ao modelo de masculinidade dominante.
  • Evitar todo menosprezo cara aquelas rapazas ou mulleres que non se axeitan ao modelo de feminidade dominante.
  • Ensinarlles aos nenos e aos homes a incorporar nas súas vidas as vivencias e expresión dos propios sentimentos e emocións que enriquecen as súas relacións persoais e así favorecer a resolución de conflitos sen recorrer a comportamentos violentos, por medio do diálogo, o acordo, a negociación…
  • Desenvolver unha boa autoestima que capacite  a nenas e nenos para adoptar unha actitude resolta ante a vida e os seus retos, asumir responsabilidades e enfrontarse con seguridade aos problemas.
http://igualdade.xunta.gal/gl/content/que-e-violencia-de-xenero-0
                         Preme para saber máis  --->
Mans dos nosos nenos e nenas unidas contra a violencia

Ningún comentario: