Amosando publicacións coa etiqueta video. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta video. Amosar todas as publicacións

15/04/20

BOTÁMOSVOS DE MENOS!!!

Unha aperta chea de bicos por parte de todo o equipo docente deste marabilloso cole...
Xa falta menos!
Os ribedinos pasámolo moi ben na casa!

14/05/14

Penélope, de Xosé María Díaz Castro

Este é un dos poemas máis famosos e máis traducidos de Xosé María Díaz Castro:


Penélope

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!



Penélope, de Xosé María Díaz Castro. Obradoiro de plástica as Barxas. Animación de Paula Solla,1º Bach

12/05/14

Ai capitán, de Xosé María Díaz Castro

Seguimos coa obra do autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas e co seu poemario Nimbos.


Ai capitán
Chorar, chorar, méntrelo barco rompe
contra o solpor, na noite!
A túa pipa non verán meus ollos
fomegar máis;
a túa risa, para sempre inmenso
abrente na mar.
Lume che din, cinza me queda. Cinza,
capitán!
Sola a sireia do teu barco
toda a eternidá.
Fume nos ollos, aréa fría
nas miñas maus.
I en boca que perdín, a longa pipa
fumando a miña vida, capitán.
Chorar, chorar,
como sempre choraron as mulleres,
ai capitán, con barcos ou sin eles!

Poema reproducido da edición bilingüe publicada en 1982 por Editora Nacional, con supervisión e tradución ao castelán do autor.





Curtametraxe de Xacio Baño para o Proxecto NIMBOS, serie de filmes inspirados nos poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro.

12/03/14

Entroido

Así foi o entroido no noso cole coa participación dos rapaces das unitarias 
e dos nosos veciños de ACEESCA: