17/12/14

Novos relatos de Harry Potter


J. K. Rowling, autora de Harry Potter, anunciou hai pouco que vai publicar 12 novos relatos de Harry Potter como agasallo de nadal para os seus seguidores. Os relatos pódense ler na web Pottermore de xeito gratuito (tras descifrar algún que outro enigma) coa única condición de rexistrarse na páxina. Os relatos cóntannos a vida da profesora McGonagall antes de Hogwarts, a historia da familia Malfoy e moitas cousas máis.



En Pottermore, ademais, podes explorar escenas dos libros, ler receitas de pocións, xogar ós maleficios... Toda unha marabilla para os fans de Harry Potter.


A que esperas para rexistrarte?

Ningún comentario: