28/10/15

Novidades para nenos e maiores



 
TÍTULO: El factor humano
AUTOR: John Carlin
EDITORIAL: Seix barral 2010


A fascinante historia de como Nelson Mandela conseguiu o milagre da reconciliación entre negros e brancos en Sudáfrica.  En 1985,  Nelson Mandela, no cárcere por preto de vinte e tres anos, propúxose conquistar aos seus inimigos sen loitar contra eles. Despois de gañar a presidencia de Sudáfrica , o país foi elixido para acoller a Copa do Mundo de Rugby.



 


TÍTULO: La pequeña comunista que no sonreía nunca.
AUTOR: Lola Zafón.
EDITORIAL: Anagrama



A través dun intercambio fabulado de correos e conversas telefónicas coa propia Nadia Comaneci, Lola Zafón tece una especie de documental de ficción que enche «os silencios da historia e os da protagonista». E así pode falarnos sobre a ditadura que reina sobre o corpo feminino, sempre sometido a esixencias de eterna xuventude.



TÍTULO: La corredora.
AUTOR: Carrie Snyder.
EDITORIAL: Alfaguara 2015


Ninguén parece lembrar as fazañas de Aganetha hoxe, a súa medalla de ouro para o Canadá nos Xogos Olímpicos de 1928, o primeiro no que as mulleres puideron participar en probas de longa distancia. Ata que veñen visitala ao asilo dous estraños mozos que queren saber máis sobre a súa carreira deportiva. É así como Aganetha volta á granxa onde naceu e recorda a súa infancia no Canadá rural e a súa loita por converterse nunha muller independente na súa chegada á gran cidade. Pola súa memoria pasan a devastadora Guerra Mundial, a gripe española e a terrible década dos trinta...
 



TÍTULO: El sueño de Iván
AUTOR: Roberto Santiago
EDITORIAL: SM 2011


Por primeira vez na historia do fútbol, unha selección de nenos vai enfrontarse a unha selección dos mellores xogadores do mundo. O motivo: recadar fondos para as vítimas dun terremoto. O xogo ten lugar no Estadio Azteca en México e, por suposto, os nenos non teñen oportunidade ningunha de gañala ...Ou si?







TÍTULO: La media distancia.
AUTOR: Alejandro Gándara.
EDITORIAL: Alfaguara 2008


Un corredor de 1.500 metros coñecido como  O Charro chega a Madrid dende Salamanca, fichado por un equipo da capital, pero os seus días de triunfo parecen comezar un lento declive. A súa propia vida da a impresión de estar tamén a baixar escalóns. Ante os ollos do narrador discorre o mundo da España dos anos 70, un tempo a medio camiño de todo, o do pasado do protagonista intentando explicarse  ou atopar algunha luz.





TÍTULO: El oro de los dioses.
AUTOR: Jordi Sierra i Fabra.
EDITORIAL: Planeta 2012
Marc tén só dezasete anos e entrea seriamente para ser un atleta profesional. Quere participar nos Xogos Olímpicos, como o fixo o seu pai, quen estuvo a unha centésima de segundo para gañar a medalla de ouro. Vinte e cinco anos máis tarde, descubriuse que nesa competición moitos participantes subiron ao podio grazas ao dopaxe. Marc loitará para indagar os feitos e recuperar o ouro que pertence ao seu pai.




 
TÍTULO: Cuentos y leyendas de los Juegos Olímpicos.
AUTOR: Gilles Massardier.
EDITORIAL: Anaya 2003


Son recollidas neste libro historias e lendas que teñen en común o deporte e, en particular, os Xogos Olímpicos. Algúns dos contos son enmarcados dentro da ciencia ficción, outras lendas céntranse en anécdotas históricas e todas elas conseguen facer unha grande homenaxe a este evento deportivo. Son historias curtas que recrean perfectamente a atmosfera deportiva dos Xogos Olímpicos.



TÍTULO: Stilton en los Juegos Olímpicos.
COLECCIÓN: Geronimo Stilton.
EDITORIAL: Planeta 2012.


O tempógrafo do profesor Voltio detectou que os gatos piratas retrocederon no tempo ata a primavera de 1896,  en Atenas coa intención de ser os gañadores dos primeiros Xogos Olímpicos da era moderna. Unha delegación de atletas da illa de Ratonia encabezada por Geronimo Stilton tamén participará nas probas para que os gatos malvados non se saian coa súa.



TÍTULO: Astérix y Los Juegos Olímpicos
AUTOR: RENÉ GOSCINNY; ALBERT UDERZO
EDITORIAL: Salvat 2008

Todos os homes do xefe da aldea gala diríxense cara a Atenas para participar nos Xogos. As expectativas son moi boas grazas á poción máxica. Pero cando chegan, danse conta que non poden usala debido ás estritas regras dos gregos.




TÍTULO: El misterioso caso de los Juegos Olímpicos.

COLECCIÓN: Geronimo Stilton.
EDITORIAL: Planeta 2012


"Esta vez, o meu amigo Metomentodo Squitt meteume de novo nun estraño caso que transcorre nin máis nin menos que durante os Xogos Olímpicos! Mentres retransmitíamos as competicións, caemos na conta de que había un equipo que gañaba todas as probas olímpicas. E tamén reparamos en que os atletas dese equipo se parecían demasiado os uns aos outros..."


 
TÍTULO: Goleadoras en la liga.
AUTOR: Laura Gallego
COLECCIÓN: Sara y las goleadoras. Libro 3
EDITORIAL: Planeta 2009


Comeza a liga, e esta vez tamén para as nenas! Sara e as súas amigas xa se inscribiron pero, desgraciadamente, quedan moitas cousas por resolver ... Nin sequera teñen camiseta do equipo! Con tantas dificultades hai pelexas e desercións, pero tamén xorden amizades verdadeiras e aliados desinteresados. Ou non tanto?




TÍTULO: Creando equipo.
AUTOR: Laura Gallego
COLECCIÓN: Sara y las goleadoras. Libro 1
EDITORIAL: Planeta 2009


Sara está moi farta de quedarse sempre fóra do equipo de fútbol ... non é xusto! Furiosa, ten como obxectivo convencer ás súas amigas (e calquera outra rapaza na escola que se deixe) para formar un equipo feminino. Non só iso: ela quere prantar cara aos nenos e retalos a un partido ... Vai ser unha mera pataleta ou vai seguir adiante?



TÍTULO: El fútbol y el amor son incompatibles.
AUTOR: Laura Gallego
COLECCIÓN: Sara y las goleadoras. Libro 4
EDITORIAL: Planeta 2010


Alguén roubou a proba de ciencias. O profesor pode suspender a todos e as pistas apuntan a Sam. Pero Sara rexeita crer que foi el e tentará descubrir a verdade axudada polas Goleadoras, que andan un pouco nerviosas porque se acerca San Valentín e teñen un tremendo lío de tarxetas en forma de corazón!



TÍTULO: Las chicas somos guerreras.
AUTOR: Laura Gallego
COLECCIÓN: Sara y las goleadoras. Libro 2
EDITORIAL: Planeta 2009


A poucos días do partido contra os nenos, os problemas para Sara e o seu equipo medran coma os fungos. Precisan practicar, pero non teñen adestrador nin un lugar para facelo sen sufrir as burlas dos nenos! Cando están a piques de tirar a toalla e aceptar a derrota, aínda sen ter xogado ... alguén ten un plan. E se funciona?




TÍTULO:  Como son os xogos olímpicos e paralímpicos de verán.
AUTOR: Pepe Carreiro
EDITORIAL: A nosa Terra 2008
SERIE: Os bolechas queren saber.



Un libro para os máis pequerrechos do cole!

Ningún comentario: