O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Eduardo Galeano, in memoriam

 Onte calaron dúas grandes voces da literatura universal: Günter Grass, Nobel de literatura e Premio Príncipe de Asturias en 1999, e Eduardo Galeano, un dos máis destacados escritores da literatura latinoamericana e galardonado co premio Stig dagerman (Suecia) por estar "sempre e de xeito inquebrantable do lado dos condenados".

Se ben nos próximos días publicaremos algo máis deles, hoxe queremos empezar por invitarvos a ler algúns dos libros máis emblemáticos de Eduardo Galeano.



- El libro de los abrazos. Madrid: Ed. Siglo XXI, 2007. Na nosa biblioteca
Unha recopilación de textos e relatos, con moita imaxinación e fantasía. Unha mirada crítica sobre o ser humano, a memoria e a desmemoria, o compromiso e a liberdade. Un libro que fala da vida entre sorrisos e lágrimas, fundindo o amor e a poesía.




- El fútbol a sol y sombra. Madrid: Ed. Siglo XXI, 2003.
Galeano era un admirador incondicional do fútbol, ó que homenaxea neste libro. Nel denuncia tamén o poder dun dos negocios máis lucrativos do mundo e lamenta que o fútbol profesional desterre a alegría, a fantasía e a ousadía, pero sobre todo celebra a festa do fútbol e os seus momentos máis icónicos a través de textos breves.




- Espejos. Una historia casi universal. Madrid: Ed. Siglo XXI, 2008.
Galeano conta a historia da humanidade partindo dos feitos e das persoas menos coñecidas, os que non aparecen nos libros. Os títulos dos textos breves que forman o libro dánnos unha idea dos contidos: «Fundación del machismo», a «Resurrección de Jesús», «Las edades de Juana la Loca», «La educación en tiempos de Franco» ou «Los derechos civiles en el fútbol».




- Mujeres. Madrid: Ed. Siglo XXI, 2015.
Este libro publicarase en España o próximo xoves. Nel, Galeano rinde tributo a todas as mulleres: as fermosas (como Marilyn Monroe), as loitadoras (como Rigoberta Menchú), as científicas (como Marie Curie) e, por suposto, a todas as mulleres anónimas que coas súas fazañas fixeron avanzar á humanidade.



Ningún comentario: