
A charla "Navega con rumbo" amosounos valiosas ferramentas para usar os ordenadores minimizando as situacións de perigo que se poden producir.
Por outra banda os nosos alumnos e alumnas, na charla "Mediterraneamos", recibiron información sobre a importancia da boa alimentación, especialmente a que ten como base a dieta mediterránea, considerada hoxe coma unha importante fonte de saúde.
Como podedes ver nas fotos, todos e todas pasárono en grande confeccionando algúns pratos sans e ao final mesmo moveron un pouco o esqueleto para lembrarlles a importancia que o exercicio ten, xunto coa dieta, nunha vida saudable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario