O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Occupy Wall St.

Levamos uns meses convulsos: a situación económica non é boa, e a xente sae á rúa a protestar por iso pero tamén pola situación da democracia e por tódolos fallos do sistema, e a pedir un sistema máis xusto. Primeiro foi a primavera árabe, logo os "indignados" en España, e despois o exemplo estendeuse a moitos outros países. Un dos últimos en unirse ás protestas foi EEUU, onde o movemento "Occupy Wall Street" ("Ocupa Wall Street", que é a sede do poder económico e da bolsa) fixo o que a policía lle deixou para manifestar o seu desacordo co sistema.
Neste vídeo tedes un bo resumo das protestas americanas e as súas reivindicacións:





Para activar os subtítulos, pulsa o botón vermello CC no marco inferior do vídeo; comezan no minuto 1:20.

Para afondar máis na reflexión, recomendamos ler o libriño ¡Indignaos! do francés Stéphane Hessel (máis que un libro poderíamos dicir que é un folleto dunhas poucas páxinas). Nel anima á xuventude a loitar e a non deixarse levar, poñendo como exemplo o que fixeron os xóvenes franceses durante a ocupación nazi. O libro é considerado o detonante das protestas que xurdiron por toda Europa. (Temos que dicir tamén que, a pesares da suposta boa vontade do autor, o libro costa 5€ en España pero só 3€ en Francia; fai uns meses era moi fácil atopalo e descargalo de internet, mentras que agora é case imposible).

Para rematar, non podemos deixar de recomendar as reportaxes que fixo Periodismo Humano sobre o 15-M español. Non deixedes de velas!


Ningún comentario: