13/01/12

Wordle



Isto que ves é un resumo gráfico do conto Pedro e o lobo que publicamos hai un tempo, no que aparecen máis grandes as palabras que son máis frecuentes no texto. Este tipo de collage non está mal como portada dun traballo, para facer unha camiseta ou para ver gráficamente que palabras se repiten máis en calqueira texto, e ademais molan. Xa sabes facelos? Hai varias webs que os fan; nós usamos Wordle. Só tes que pegar ou escribir o texto (ou mesmo dar un enderezo de internet) e xogar coas opcións que nos dan. Se premes en "Randomize" irá facendo variacións ó chou, pero no menú superior podes cambiar o tipo de letra ("font"), o deseño ("layout") e a combinación de cores ("color").

E unha vez feito, que facemos con el? Se decides gardalo na galería pública, o teu deseño estará dispoñible para calqueira, e poden mesmo usalo con fins comerciais. O que recomendamos é gardalo no teu ordenador, pero para iso hai que dar un par de pasos:
  1. Preme "Open in window" para que se abra o teu deseño nunha nova ventana. 
  2. Maximiza a ventana todo o que poidas.
  3. No teu teclado, pulsa á vez a tecla de maiúsculas e "Impr" (está por riba de "supr", "inicio"...) para copiar a imaxe á memoria do ordenador.
  4. Abre calqueira programa de imaxes (mesmo o Paint, Photoshop...) e pega o que hai na memoria (botón dereito do rato --> Pegar, ou Control + V). 
  5. Agora xa podes gardar o teu deseño e facer con el o que queiras, e incluso seguir experimentando no Wordle con novas combinacións para o mesmo texto.
 Se queres enviarnos os deseños que fagas, estaremos encantados de publicalos aquí, e seguro que os profes estarán felices se lles pós un destes no teu próximo traballo ;-)

Ningún comentario: