O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Día da muller traballadora

Exposicións sobre mulleres músicas 
e sobre Hipatia na biblioteca!!


CAMIÑAN DESCALZAS POLAS ROCHAS,
fantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufragio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con sargazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.
                                               Ana Romaní






Ningún comentario: