Como estamos en época de exames e hai que desconectar un pouco, hoxe traémosvos un fermoso vídeo sobre a chegada da primavera, que agardamos que vos guste, máis un clásico: A primavera, das Catro estacións de Antonio Vivaldi, nunha versión vibrante de Il Giardino Armonico na que se distinguen perfectamente os cantos dos paxaros, a tormenta...
Four é un tributo á natureza e en particular ó paso das estacións que dá ritmo á vida de tódolos seres e alimenta os desexos e a esperanza.
Four está ambientado nun bosque, un dos lugares que se ve máis influído polos diferenzas de cores e formas dos cambios de estación.
A chegada dunha nova estación descríbese coma un despertar e está representada simbólicamente pola Primavera (unha especie de elfo) que desperta.
(Tradución do texto orixinal que acompaña ó vídeo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario