05/03/12

Renovamos a sección de recomendados!


Ata onte mesmo, a sección de recomendados do noso blogue era unha páxina cunha listaxe de libros. Ordenadiña, si, pero non daba moitas opcións de búsquedas. Así que decidimos renovala e facela máis atractiva e, sobre todo, máis útil.

Xa están publicadas alí moitas das recomendacións que fixemos ata agora, e pouco a pouco iremos metendo máis (que temos moitas agardando!).

O noso consello é que vos suscribades á páxina de recomendados para no perdervos nada ;-) (e despois teredes a información fresquiña no voso lector de "feeds": Google Reader, Netvibes, ou os dos navegadores que usedes).

E xa nos diredes se vos gusta a nova páxina!


Ningún comentario: