Para aclarar dúbidas, especialmente coas novas adquisicións, aquí vai a guía de todo o que sempre quixeches saber sobre o préstamo de libros e outros materiais na biblioteca.
1. Que tipo de cousas podo levar emprestadas para a miña casa?
Todo menos revistas, atlas, enciclopedias e dicionarios, que só se poden consultar no centro. Por razóns obvias, tampouco podes levar os ordenadores nin os reproductores de CD.
O que si podes levar: libros, CD (de música, de xogos, de consulta...), DVD (películas, xogos, consulta...).
2. Canto tempo podo telos prestados?
Os libros podes telos dúas semanas. Se non che dá tempo a rematalo, podes renovar o préstamo unha semana máis. Pero non esquezas que pode haber outras persoas esperando para lelo!
O material audiovisual (en CD e DVD) préstase por 5 días.
En ocasións especiais (as vacacións de nadal, por exemplo) deixamos que levedes os libros máis tempo, pero tes que preguntarnos antes.
3. Cantas cousas pode ter prestadas ó mesmo tempo?
Podes ter ata tres documentos, dá igual que sexan libros, CD ou DVD. Nas vacacións de nadal podes levar ata cinco.
4. Que ocorre se me retraso na devolución?
Ocorre que alguén pode estar desesperado esperando para ler xusto ese libro. E ás veces ocorre que Conan o Bibliotecario non ten un bo día e podes perder algo máis que o autobús. Pero o que ocorre normalmente, xa falando en serio, é que por cada semana de retraso virás unha tarde á biblioteca a botarnos unha man.
5. Que preciso para levar algo prestado?
O único que precisas é o carnet da biblioteca. Se non o tes, fala coas encargadas.
6. E para devolver as cousas, como fago?
Simplemente déixaas no carriño que pon "Carro de devolucións", que está ó carón da nosa mesa.
Se aínda tes dúbidas, xa sabes que podes preguntar ás profes e ó alumnado axudante cando queiras. Ademáis, podes enviarnos un correo ou facer un comentario a esta entrada.
A próxima semana falaremos de lectura na sala e uso de aparellos electrónicos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario