Amosando publicacións coa etiqueta formación de usuarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta formación de usuarios. Amosar todas as publicacións

29/10/14

Aprende a estudiar con el MC


O alumnado e profesorado do IES Miguel Catalán ten un blog fantástico con vídeos moi clariños que nos axudan a estudar e organizarnos mellor. 

As entradas do blog están divididas en 6 categorías (poñemos enlaces a algúns vídeos como exemplo):
  1. Preparación: como preparar a túa mente, o teu corpo e o lugar de estudio para estudiar
  2. Planificación: como organizar o material, planificar un examen e facer un horario de estudio 
  3. Técnicas básicas: esquemas (normais, verticais, de táboa...), suliñados, mapas mentais e conceptuais ou memorizar un texto
  4. Técnicas específicas: análises de táboas, mapas, pirámides de poboación, gráficas...
  5. Materias: como estudar CCNN, CCSS, inglés e matemáticas
  6. Presentación: como presentar un traballo escrito ou facer unha exposición oral, como ter o caderno organizado
En total, son 35 vídeos que nos dan unha base magnífica para aprender mellor.

Tedes tamén moi boa información nestas dúas páxinas: aquí e aquí.

10/02/14

Orde na sala

Este vídeo, realizado pola biblioteca do IES A Xunqueira II, lémbranos como están organizados os libros na biblio e que significan algunhas das cousas que están na etiqueta do lombo.

Tede en conta, sen embargo, que estas son as cores das distintas materias no noso centro:




Orde na sala! from bibliototem on Vimeo.

11/12/12

Búsquedas no noso catálogo

Xa que seguides preguntándonos se temos tal libro ou tal outro, imos facer un pequeno recordatorio de como buscar libros no noso catálogo.
Para empezar, debemos ir á web da biblio; podedes buscala en google ou, para ir máis rápidos, podedes acceder dende este blog: na columna da dereita tedes esta icona do proxecto Meiga co acceso directo



Así chegamos a esta páxina da nosa biblioteca, con todo o catálogo informatizado ó noso dispor:

Aí veredes o buscador na parte superior esquerda:


É importante que en vez de buscar por lista alfabética escollades "Frase ou texto" en "Buscar por", e que se o título empeza por un artigo (por exemplo, O neno do pixama a raias) non poñades o artigo. Deste xeito, podemos poñer palabras soltas se non recordamos o título exacto; por exemplo, para atopar O neno do pixama a raias, podemos escribir calquera destas cousas na caixa do buscador:
 - neno
 - pixama
 - pixama a raias
 - neno do pixama a raias

Sen embargo, se escribimos "o neno do pixama" non aparecerá (por ter posto o artigo), nin o atoparemos se nos equivocamos e poñemos "neno CO pixama DE raias". Polo tanto, cantas menos palabras poñamos, mellor!

Que ocorre se queremos saber se hai títulos de Conan Doyle? Pois chegaría con escribir "conan" marcando primeiro "Frase ou texto" e "Autor" en vez de "Título". E o mesmo con calqueira autor.

Podedes probar as outras opción do menú "En:" (materia, editorial...) pois permiten atopar, por exemplo, libros de detectives, de amor, etc. aínda que non saibamos nin título nin autor.


15/03/12

Podo alquilar este libro?

Esta é unha pregunta que escoitamos moito na biblioteca, especialmente co alumnado máis novo. Eu moitas veces contesto que non, e logo engado "pero podes levalo prestado" ;-)
Para aclarar dúbidas, especialmente coas novas adquisicións, aquí vai a guía de todo o que sempre quixeches saber sobre o préstamo de libros e outros materiais na biblioteca.

1. Que tipo de cousas podo levar emprestadas para a miña casa?
Todo menos revistas, atlas, enciclopedias e dicionarios, que só se poden consultar no centro. Por razóns obvias, tampouco podes levar os ordenadores nin os reproductores de CD.
O que si podes levar: libros, CD (de música, de xogos, de consulta...), DVD (películas, xogos, consulta...).


2. Canto tempo podo telos prestados?
Os libros podes telos dúas semanas. Se non che dá tempo a rematalo, podes renovar o préstamo unha semana máis. Pero non esquezas que pode haber outras persoas esperando para lelo!
O material audiovisual (en CD e DVD) préstase por 5 días.
En ocasións especiais (as vacacións de nadal, por exemplo) deixamos que levedes os libros máis tempo, pero tes que preguntarnos antes.


3. Cantas cousas pode ter prestadas ó mesmo tempo?
Podes ter ata tres documentos, dá igual que sexan libros, CD ou DVD.
Nas vacacións de nadal podes levar ata cinco.


4. Que ocorre se me retraso na devolución?
Ocorre que alguén pode estar desesperado esperando para ler xusto ese libro. E ás veces ocorre que Conan o Bibliotecario non ten un bo día e podes perder algo máis que o autobús. Pero o que ocorre normalmente, xa falando en serio, é que por cada semana de retraso virás unha tarde á biblioteca a botarnos unha man.


5. Que preciso para levar algo prestado?
O único que precisas é o carnet da biblioteca. Se non o tes, fala coas encargadas.


6. E para devolver as cousas, como fago?
Simplemente déixaas no carriño que pon "Carro de devolucións", que está ó carón da nosa mesa.


Se aínda tes dúbidas, xa sabes que podes preguntar ás profes e ó alumnado axudante cando queiras. Ademáis, podes enviarnos un correo ou facer un comentario a esta entrada.
 A próxima semana falaremos de lectura na sala e uso de aparellos electrónicos.