11/12/12

Búsquedas no noso catálogo

Xa que seguides preguntándonos se temos tal libro ou tal outro, imos facer un pequeno recordatorio de como buscar libros no noso catálogo.
Para empezar, debemos ir á web da biblio; podedes buscala en google ou, para ir máis rápidos, podedes acceder dende este blog: na columna da dereita tedes esta icona do proxecto Meiga co acceso directo



Así chegamos a esta páxina da nosa biblioteca, con todo o catálogo informatizado ó noso dispor:

Aí veredes o buscador na parte superior esquerda:


É importante que en vez de buscar por lista alfabética escollades "Frase ou texto" en "Buscar por", e que se o título empeza por un artigo (por exemplo, O neno do pixama a raias) non poñades o artigo. Deste xeito, podemos poñer palabras soltas se non recordamos o título exacto; por exemplo, para atopar O neno do pixama a raias, podemos escribir calquera destas cousas na caixa do buscador:
 - neno
 - pixama
 - pixama a raias
 - neno do pixama a raias

Sen embargo, se escribimos "o neno do pixama" non aparecerá (por ter posto o artigo), nin o atoparemos se nos equivocamos e poñemos "neno CO pixama DE raias". Polo tanto, cantas menos palabras poñamos, mellor!

Que ocorre se queremos saber se hai títulos de Conan Doyle? Pois chegaría con escribir "conan" marcando primeiro "Frase ou texto" e "Autor" en vez de "Título". E o mesmo con calqueira autor.

Podedes probar as outras opción do menú "En:" (materia, editorial...) pois permiten atopar, por exemplo, libros de detectives, de amor, etc. aínda que non saibamos nin título nin autor.


Ningún comentario: