07/12/12

O noso amor será eterno - Páx. 99

Rivadulla Corcón, X. H. O noso amor será eterno. Vigo: Xerais, 2011. ISBN 978-84-9914-184-8.

"Na sala de espera do hospital comarcal Virxe da Xunqueira, estaban sentados, calados, con cara de cansazo e nerviosos, o vello Ramón e Laura, a nai de Loliña. Laura era nova, non chegaba aos trinta anos, era a filla e Luís, e estaba casada con Mario, un mariñeiro tamén novo.
Laura e Ramón coñecíanse de toda a vida. Antes de que Ramón fixese xoguetes para Loliña, xa llos fixera a Laura, así que se Loliña era como unha neta para el, Laura era como unha filla.
No medio da tristeza, a Laura non sabía por que pero víñalle á mente a lembranza dun tren feito con latas de aceite e cortizas das boias que había moitos anos lle construíra Ramón, tería ela ao redor dos dez anos.
Luís e Mario entraron na sala, viñan de falar co médico. Ao velos, Laura saltou nerviosa do seu asento, necesitaba qeu lle dixesen canto antes algo da súa filla. Ramón permaneceu sentado, sentía unha pesada lousa sobre el. A nena entrara inconsciente no hospital e o desenlace era imprevisible.
Luís explicoulles que Loliña tiña un brazo e varias costelas rotas, pero o peor era que levara un forte golpe na cabeza e aínda non recobrara o coñecemento e o médico non quería aventurar ningún desenlace".

Ningún comentario: