O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

100% CEF - A película da semana


Hoxe, 12/12/12, ás 12 faremos lectura dun poema de Celso Emilio Ferreiro para celebrar o centenario do seu nacemento. Enlazando co mesmo tema, como película da semana propoñemos un documental que emitirá esta noite a TVG: 100% CEF. Nel, Luis Tosar achéganos á figura de Celso Emilio a través de entrevistas, colaboracións artísticas, lecturas de poemas e musicacións. O documental foi gravado en Celanova, Acevedo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Asturias e Ourense.

A única pega é que o documental emítese tarde (de 23.35 a 00.40), así que a poñer en marcha o gravador!

Aquí tedes o enlace ó documental emitido o 12 de decembro na TVG. Que o disfrutedes!

Ningún comentario: