19/12/12

Recomendacións para o Nadal (III): música


CHICO CÉSAR, UXÍA, FILIPA PAIS, XABIER DÍAZ E OUTROS. Cantos na maré. Voces do Atlántico ao vivo en Pontevedra. Nordesía Produccións, 2006. CD

Cantos na maré é un festival de música que pretende unir a lusofonía de ámbalas dúas beiras do Atlántico. Comezou en 2003 por iniciativa de Uxía Senlle e dentro de pouco, en xaneiro, celebrará o seu décimo festival. Neste disco temos as actuacións en directo da propia Uxía, do brasileño Chico César, da portuguesa Filipa Pais, o guineano Manecas Costa, a mozambicana Astra Harris, o galego Xabier Díaz e o caboverdiano Jon Luz. Todo un elenco de artistas cunha lingua común. É un disco alegre, fermoso e fácil de escoitar.

Esta é a canción que dá nome ó festival e ó disco, interpretada por Uxía e Chico César:





LANG LANG. The Chopin album. Sony, 2012. CD

O pianista Lang Lang ten gravado moitas obras de Chopin, mais agora que cumpre 30 anos grava por primeira vez un disco enteiro adicado ó compositor. No CD atoparedes os Estudios op. 25, algúns nocturnos e algúns valses, xunto coa Gran Polonesa brillante op. 22. Hai tamén unha edición "deluxe" que contén o CD máis un DVD.

Xa vos puxemos un vídeo deste pianista hai unhas semanas, mais engadimos outro, coa interpretación en directo dalgunhas pezas do disco, para que vos fagades unha idea do ben que vai sonar a gravación.Non esquezades visitar tamén a súa web, na que se poden escoitar fragmentos de tódalas obras no disco.




MANZANO LIZANDRA & CUBEIRO. Ilustrísimo Sr. Cohen. 24 canciones de Leonard Cohen ilustradas. 451 editores, 2011. Libro.

Ilustrísimo Sr. Cohen son 24 canciones de Leonard Cohen ilustradas por Elisa Arguilé, Arnal Ballester, Carlos Cubeiro, Imapla, Pep Montserrat, Elena Odriozola, Sonia Pulido e Sesé, con textos de Alberto Manzano y un prólogo de Luis Eduardo Aute.
Trátase dun achegamento ó cantante que foi Príncipe Asturias das Letras en 2011, unha homenaxe co formato dos vellos LP que os fans de Cohen apreciarán.

Máis imaxes do libro, aquí.

Ningún comentario: