O mes pasado estrenouse outra vez a primeira das películas de Star Wars (A ameaza fantasma) nos cines americanos. "Estrenouse?", diredes, se xa se estrenou no cine en 1999? Pois si, estrenouse... en versión 3-D. Seica o director Geoge Lucas e o equipo de 20th Century Fox teñen previsto refacer as seis películas da saga (que, por certo, tedes na biblioteca ó voso dispor) no novo formato. O señor Lucas está entusiasmado coa idea, pois di que estas películas son as ideais para ver en 3-D.
O formato de cine tridimensional (ou 3-D) en realidade non é unha novidade. Xa a finais do século XIX se fixeran os primeiros experimentos, pero a primeira película en 3-D que chegou ós cines foi en 1922 (e pasou sen pena nin gloria!).
Para gravar imaxes tridimensionais (sexan fotografías ou vídeos) o único que necesitamos é gravar a imaxe dúas veces e con certa distancia. É dicir, podemos coller dúas cámaras, unilas pola base e disparalas ó mesmo tempo; ou ben usar unha cámara cun obxectivo doble:
A condición é que os dous obxectivos estean separados uns 10cm (igual que os nosos ollos). Así faremos dúas películas e cada unha representará o que vería un dos nosos ollos; o cerebro, vendo as imaxes simultaneamente, farase unha idea de tridimensionalidade. Unha vez feitas as imaxes queda o problema de que cada ollo debe ver só o que gravou unha das cámaras. Para resolver isto, usanse cores e gafas con filtros polarizados de xeito que cada ollo perciba só unha das películas. En resumo, que cando vemos unha película en 3-D en realidade estamos vendo dúas películas ó mesmo tempo, unha con cada ollo, e o noso cerebro fai o procesamento necesario para convertir iso nunha imaxe tridimensional.
Se quitasemos as gafas, veríamos isto:
en lugar disto:
Queda por ver se o público segue disposto a ver películas (e estar dúas horas) cunhas gafas bastante incómodas para disfrutar unha experiencia 3-D. Nós xa temos oído bastantes queixas por aí!
A saga Star Wars na nosa biblioteca.
Web oficial de Star Wars (en inglés, pero moi interesante).
Ningún comentario:
Publicar un comentario