Fai uns días inaugurouse en Granada a exposición Vidas gitanas, que reúne máis de 400 documentos (fotografías, vídeos, obxectos cotitidianos...) para amosarnos como foi a vida para os xitanos españois dende que chegaron á Península en 1425. En especial queren desmontar mitos e ensinarnos que o mundo xitano actual é moi heteroxéneo e non se reduce ó tópico de vidas marxinais.
Como afirman os responsables da exposición, "España tamén é xitana. A cultura española é, nunha grande medida, debedora do xitano". En Torneiros, con 80 alumnos desta etnia, non nos cabe ningunha dúbida de que non podemos entender a nosa cultura e a nosa historia sen Camarón, Lorca, Carmen Amaya, Julio Romero de Torres e tantos outros.
Se por casualidade pensades ir a Andalucía en Semana Santa, non deixedes de ver esta exposición e contarnos todo, todo, todo! Para máis información, este enlace. E aquí tedes unha mostra das fotografías que hai expostas.
Na biblioteca, Cuentos tradicionales gitanos e triple CD de Camarón á vosa disposición, para paios e xitanos, rubios e morenos, altos e baixos, e os femininos deses adxectivos.
Fotografía: "Jiménez", de Inés Montenegro
Ningún comentario:
Publicar un comentario