21/11/12

A película da semana: Stella

DIRECCIÓN: Sylvie Verheyde
GUIÓN: Sylvie Verheyde
MÚSICA:  Nousdeux The Band (e grandes éxitos dos 70)
REPARTO: Léora Barbara, Mélissa Rodrigues, Benjamin Biolay, Karole Rocher, Guillaume Depardieu
XÉNERO: Drama | Adolescencia. Años 70 | Comedia dramática
CLASIFICACIÓN: non recomendada a menores de 7 anos





Estamos en París no ano 1977 (moi ben ambientado na película). Stella é unha rapaza que acaba de cumplir 11 anos e pasa ó instituto. Como non é a persoa máis extrovertida do mundo, síntese un pouco soa ó principio, ata que fai unha boa amiga. Os pais de Stella teñen un bar (cunha festa continua) e non lle prestan demasiada atención á filla nin lle ensinan moito que teña que ver coa escola; coma moitos pais, o que queren é que Stella non lles dea problemas. Este ambiente choca totalmente coa familia da súa amiga, cos que aprenderá que hai outros xeitos de vivir. É un ano de cambios e de descubrimentos, algúns bonitos (como o primeiro amor) e outros non tanto, pero Stella crecerá por dentro e por fóra mentras se adapta ó seu novo mundo.

Unha historia que en parte reflexa a propia vida da directora e coa que esperamos que conectedes, pois todos tivemos (e algúns aínda tedes) 11 anos.



Ningún comentario: